Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de enero de 2022

O Concello da Coruña homenaxea nos xardíns de Maestranza ao xeneral Sir John Moore e aos caídos na defensa da cidade durante a Batalla de Elviña

O salón de sesións de María Pita acolleu a entrega das Medallas de Ouro concedidas aos investigadores María Fidalgo e Iván Fernández, así como á Cruz Vermella Española como entidade galardoada

O salón de sesións do Pazo Municipal de María Pita acolleu hoxe o acto de entrega das Medallas de Ouro Conmemorativas da Batalla de Elviña 1809-2022, concedidas a María Fidalgo Casares, historiadora, investigadora e crítica de arte; a Iván Fernández Amil, investigador e articulista; así como á Cruz Vermella Española, representada no acto pola súa presidenta provincial, Mercedes Casanova, como a entidade galardoada.

A alcaldesa, Inés Rey, amosou o seu agradecemento ás e os galardoados despois dun acto cheo de simbolismo, ás portas de cumprirse o 213º aniversario da Batalla de Elviña -tamén coñecida como a Batalla da Coruña-, acontecida durante a Guerra de Independencia Española no ano 1809 no contexto das Guerras Napoleónicas.

A continuación, a alcaldesa encabezou o acto de ofrenda ao xeneral Sir John Moore e aos caídos durante a Batalla da Coruña. A homenaxe levouse a cabo nos xardíns da Real Maestranza, coa presenza do presidente da Asociación Histórico Cultural Royal Green Jackets, Manuel Arenas; o xeneral xefe de Apoio á Maniobra, D. Juan Francisco Arrazola; e o director do Museo Militar da Coruña, o coronel D. Antonio Montero.

Xunto a estatua en homenaxe a Diego del Barco y de la Zendeja, heroe coruñés da Guerra de Independencia, realizouse unha ofrenda floral ao xeneral británico Sir John Moore e tamén aos falecidos na defensa da cidade durante a batalla, gardándose a continuación un minuto de silencio polos caídos. Por último, e despois das salvas de mosquete, o acto rematou coa interpretación dos himnos de Francia, Gran Bretaña e España. 

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión