Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xaneiro de 2022

O Concello da Coruña impulsa a reforma integral dos xardíns de San Carlos, recuperando o seu trazado histórico

Ademais do tratamento da vexetación, o Goberno municipal impulsará a aposta divulgativa atendendo ás novas tecnoloxías e a linguaxe inclusiva

Despois dos traballos previos levados a cabo durante o mes de decembro, o Concello da Coruña avanza nas obras de reforma integral dos xardíns de San Carlos, un proxecto que se encadra na liña de actuacións marcada pola alcaldesa, Inés Rey, para a recuperación dos xardíns históricos da cidade.

Os traballos, que se levarán a cabo nun prazo de seis meses, teñen como obxectivo garantir o respecto aos valores culturais dos xardíns de San Carlos, así como a mellora de usos e a interpretación da súa importancia, recuperando o trazado antigo sen alterar a esencia das instalacións, complementándoo con elementos de divulgación e información histórica, cultural e botánica.

O proxecto, no que o Concello realiza un investimento de 256.000 euros, engloba oito actuacións para a recuperación e mellora do patrimonio de San Carlos: 

  • A propia recuperación do trazado histórico do xardín.

  • O tratamento da vexetación, cunha mellora integral dos espazos axardinados e actuando sobre os exemplares que se atopan en mal estado e as zonas carentes de vexetación.

  • Nova oferta de información e divulgación técnico-científica, reforzando a aposta polas novas tecnoloxías, especialmente con elementos de lectura dixital como os Códigos QR (botánicos e históricos), pero tamén con linguaxe inclusiva, como o braille.

  • A mellora da contorna do arboredo protexido existente, cunha limpeza manual das zonas compactadas.

  • Adecuaranse as instalacións, tamén o pavimento, cunha modalidade blanda-flexible, co obxectivo de gañar en sensibilidade e delicadeza cos elementos existentes. 

  • Instalación de bancos individuais para potenciar as vistas dos miradores de San Carlos dende as fiestras.

  • O Concello restaurará as lanzas de Juan de Ciórraga e recolocaranse convenientemente.

  • A maiores, instalarase unha escultura do creador do xardín, o brigadier D. Francisco Mazarredo.

De esta forma, o Concello da Coruña busca reactivar un reclamo histórico para a cidadanía e os turistas, aproveitando ademais un pequeno pulmón verde no corazón da cidade e ofrecendo un valor engadido ao barrio da Cidade Vella. 

Neste sentido, o Goberno de Inés Rey da continuidade á liña de traballos para recuperar os xardíns históricos da cidade marcada neste mandato.

Recentemente, o Concello da Coruña renovou e acondicionou o estanque de Méndez Núñez, no que volve a haber peixes de auga doce. Previamente, o actual Goberno municipal declarou Méndez Núñez como Zona de Especial Protección (ZEP), acabou coa práctica dos botellóns e recuperou a Rosaleda, o almanaque floral e o reloxo dos xardíns, renovándose tamén a estatua de John Lennon cunha guitarra floral.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión