Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de agosto de 2022

O Concello da Coruña inicia seis novos cursos de emprego gratuítos no mes de setembro

‘Coruña Suma’ dará comezo a dúas formacións sobre ‘Programación de obxectos con JAVA’ e ‘Xestión comercial a través das TIC’, as últimas do proxecto

O Concello da Coruña, a través do Centro Municipal de Emprego dos Rosales, pon en marcha seis novos cursos de formación para persoas desempregadas que comezarán ao longo do mes de setembro. Estes novos cursos inclúense dentro da estratexia do Goberno de Inés Rey para o fomento do emprego no termo municipal, con formacións gratuítas para persoas que estean en situación de desemprego.

Entre a oferta atópanse tres cursos de formación de carácter complementario, co obxectivo de mellorar as capacidades ou aptitudes de cara a procura dun emprego. Estes son  'Iniciación á informática' e 'Preparación de entrevista', que terán unha duración de 30 e 15 horas respectivamente, así como 'Procesador de textos: Word', con 75 horas de duración. Esta será a cuarta edición da formación en Word deste ano, unha das habilidades máis demandadas na busca de emprego. Para cada un dos cursos ofertaranse un total de 10 prazas e impartiranse presencialmente.

Ademais, o Concello oferta outras tres formacións asociadas a certificados de profesionalidade. Os cursos de 'Soldadura TIG' e 'Pintura decorativa e industrial na construción' terán a súa segunda edición neste semestre, despois do éxito na primeira convocatoria con 78 e 64 solicitudes para 10 prazas respectivamente. Neste novo semestre volven ofertarse 10 prazas para cada unha das formacións que terán lugar de forma presencial en quenda de mañá, de 8.30 a 14.30 h. A estes dous cursos súmase un sobre 'Actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinería', cunha oferta de 10 prazas en quenda de mañá, de 9.00 a 15.00 h. O alumnado aprenderá a realizar operacións de cultivo de plantas en viveiro, manexando equipos, máquinas e ferramentas para o control da sanidade vexetal. 

Para a inscrición en cursos de emprego cómpre solicitar información á área de orientación laboral do Concello da Coruña, a través do formulario de contacto ou entrevista, na web www.coruna.gal/emprego ou no teléfono 981 184 399 do Centro Municipal de Emprego dos Rosales.

Últimos cursos de Coruña Suma

Este vindeiro mes de setembro comezan dous novos cursos de formación no marco do proxecto "Coruña Suma", unha iniciativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo posta en marcha polo Goberno de Inés Rey durante o actual mandato para mellorar e promover a inserción laboral de persoas en situación de desemprego.

'Programación de obxectos con JAVA' e 'Xestión comercial de clientes con novas tecnoloxías' serán as últimas formacións do proxecto, para as que se ofertan un total de 30 prazas (15 para cada unha das modalidades). Impartiranse de xeito presencial en quendas de tarde e mañá, respectivamente. Para acceder aos cursos de formación é preciso solicitar unha cita de orientación laboral co persoal técnico do proxecto Coruña Suma (AP-POEFE), xa que un dos obxectivos é axustar as expectativas profesionais das persoas aos sectores con maiores posibilidades de atopar emprego no Concello da Coruña.

A través do proxecto 'Coruña Suma', o Goberno municipal puxo en marcha un total de 87 itinerarios formativos, dos que 85 xa se realizaron. As formacións permitiron a inserción laboral de 837 persoas, xunto coas prácticas en empresas e o módulo de coaching laboral. A información do proxecto Coruña Suma pode consultarse na web https://www.coruna.gal/emprego/gl/coruna-suma ou contactando co Centro Municipal de Emprego dos Rosales, no teléfono 981184399 ou enviando un correo electrónico a coruna.suma@coruna.gal.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión