Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2022

O Concello da Coruña inicia un novo curso de pintura decorativa e industrial en construcción

O curso será en horario de mañá, de 8.30 a 14.30 h, e remata no mes de febreiro

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego e do Centro Municipal de Emprego dos Rosales, inicia mañá, luns 19 de setembro, un novo curso de formación orientado a persoas desempregadas. Esta é unha das máis de 15 accións formativas previstas neste último semestre de 2022, seguindo coa estratexia do Goberno de Inés Rey para a reactivación económica e inserción laboral.

O curso ten unha duración prevista de 546 horas, estendéndose o curso ata o vindeiro 14 de febreiro. Un total de cinco meses nos que o alumnado perfeccionará e reforzará as súas competencias en materia de pintura decorativa e industrial. No pasado mes de abril, o Centro de Emprego dos Rosales ofertou un curso de iniciación na materia. O alumnado adquiriu competencias en execución de pintura decorativa, empapelados e revestimentos de fibra de vidro e vinilos así como de acabados de pintura industrial, imprimacións e pinturas protectoras en edificación e obra civil.

O obxectivo desta formación é reforzar eses coñecementos e seguir ampliando a súa formación na materia, fomentando a súa profesionalidade e empregabilidade. O curso impartirase en horario de mañá, de 8.30 a 14.30 horas, e finalizará o vindeiro 14 de febreiro. Haberá 10 prazas en total. 

Este semestre iniciaranse máis de 15 cursos de formación en diferentes materias, como soldadura con eléctrodo, carretilla elevadora de carga, lectura de planos ou actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinería. Esta oferta de cursos, que procura ampliar as posibilidades de inserción laboral das persoas inscritas no Servizo Municipal de Emprego, enmárcase na estratexia posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para o fomento do emprego na cidade. Pode consultarse máis información na web www.coruna.gal/emprego.

Formación máis demandada

Este primeiro semestre, o Concello da Coruña ofertou máis de 15 cursos de formación presenciais organizados a través do Centro Municipal de Emprego dos Rosales. Entre os itinerarios ofertados, orientados a persoas desempregadas inscritas no servizo municipal de orientación laboral, atópanse cursos de loxística, carpintaría e ofimática, así como algúns de complemento de formación, como prevención de riscos laborais, co obxectivo de mellorar a empregabilidade do alumnado que participa nos programas.

Durante este primeiro semestre, o curso de formación máis demandado foi o de limpeza de edificios, con 223 solicitudes para 13 prazas; seguido de instalación de xardíns e mantemento de zonas verdes con 198, e traballo de carpintaría e moble con 149. Unha mostra da variada oferta de formación impulsada polo Goberno de Inés Rey a través do Centro Municipal de Emprego para fomentar a inserción laboral, xunto con proxectos europeos como o de Coruña Suma que deu traballo a máis de 800 persoas desempregadas do termo municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión