Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2023

O Concello da Coruña instalará a primeira área deportiva de calistenia no Barrio das Flores

O novo recinto estará situado no parte posterior do polideportivo municipal do barrio, onde se instalarán diversas estructuras para o adestramento e o exercicio ao aire libre

O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Infraestruturas, ten previsto iniciar nas vindeiras semanas os traballos para crear a primeira área deportiva de calistenia no Barrio das Flores, que estará operativa no mes de xullo.

As obras levaranse a cabo na zona axardinada situada na parte posterior ao polideportivo municipal do barrio, onde se aproveitará a superficie para habilitar un novo recinto destinado á práctica deportiva ao aire libre, nun espazo de 104 metros cadrados.

A área de calistenia do Barrio das Flores estará disposta sobre un pavimento de area, no que se instalarán diversas estruturas e circuítos de adestramento como barras de anillas, elevacións en forma de serpe, un banco de abdominais recto e outro inclinado, paralelas americanas, barras de elevacións, unha parede sueca, un sector de flexións en triple francesa e unha monkey-bar.

A este respecto, e ao igual que nas áreas de calistenia abertas anteriormente polo Goberno municipal na contorna da praia de Oza e a rúa Alcalde Jaime Hervada, no Ventorrillo, disporanse paneis informativos para orientar ás persoas usuarias sobre os respectivos usos das estruturas deportivas.

O recinto estará acoutado por travesas de madeira e, ademais, no contexto da intervención, os servizos municipais de Infraestruturas e Medio Ambiente levarán a cabo unha actuación conxunta para dotar á contorna de novo mobiliario urbano, con máis bancos para o lecer da veciñanza, e o acondicionamento das áreas verdes lindeiras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión