Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de enero de 2022

O Concello da Coruña investiu 5,5 millóns de euros en xestión, mantemento e obras dos centros educativos no ano 2021

Durante o último ano realizáronse diversas actuacións para mellorar as instalacións das escolas e colexios públicos de primaria

O Concello da Coruña investiu ao longo deste 2021 un total de 5.526.741 euros nos centros educativos. A concellaría de Educación, que dirixe Jesús Celemín, realizou unha intensa labor en diferentes áreas co obxectivo de mellorar a calidade educativa da mocidade.

Nese sentido, a distribución do gasto dese orzamento ao longo do ano repartiuse en varios piares que centraron a actuación municipal. É o caso do mantemento dos colexios e escolas, as obras en instalacións, a xestión das escolas e programas educativos. A partida con máis gasto foi a da xestión das escolas infantís, á que se destinaron un total de 2.438.638 euros. O mantemento dos centros supuxo, por outra banda, 1.996.915,70 euros.

O investimento en obras foi neste 2021 de 751.292 euros. Os traballos máis destacados deste período nos colexios foron a reforma da fachada do CEIP Raquel Camacho (257.357 euros), a rehabilitación enerxética das fachadas do CEIP María Pita (92.720 euros dos 143.058 de adxudicación que rematará en 2022), o acondicionamento da estrutura metálica do CEIP Cidade Vella (33.628 euros) e os traballos na cuberta dos centros Rosalía de Castro e Wenceslao Fernández Flórez (31.700). En canto ás Escolas Infantís Municipais, destacan os traballos de conservación da cuberta da EIM de Montealto, cun orzamento de 42.500 euros.

En total, investíronse en obras 665.775 euros nos CEIP e 85.517 euros nas EIM. Estas actuacións enmárcanse dentro do compromiso do Goberno de Inés Rey coa educación e a renovación dos seus centros. O Concello acometeu durante este ano labores de mantemento e adecuación dos centros educativos que exceden as competencias municipais, xa que a maioría deles son competencia da Xunta de Galicia. Por iso, a alcaldesa, Inés Rey, esixe ao goberno galego unha maior implicación co sector educativo coruñés de cara a este 2022.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión