Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de outubro de 2021

O Concello da Coruña mellorará a accesibilidade de catro paradas de autobús no Castrillón, Os Rosales e Monte Alto

O goberno local leva investidos 400.000 euros neste mobiliario público no que vai de mandato atendendo demandas veciñais

O Concello da Coruña continúa traballando na accesibilidade das paradas de autobús que hai nos diferentes barrios da cidade. Nestes meses de outubro e novembro iniciaranse obras en catro destas zonas que se atopan no Castrillón, Monte Alto e Os Rosales.

No barrio do Castrillón poderían comezarse os traballos este mesmo mes de outubro. Trátase das paradas situadas na rúa Antonio Noche, no número 10; e na rúa Vicente Aleixandre, número 55. Esta actuación atende a unha demanda veciñal formulada pola asociación de veciños do Castrillón. En ambas, instalarase un saínte para mellorar a súa accesibilidade desde a beirarrúa.

Outra das melloras en materia de accesibilidade será a da parada de autobuses da rúa Emilio González López, á altura do número 54, no barrio dos Rosales. A obra xa está adxudicada e é previsible que comecen os traballos despois da ponte festiva do 1 de novembro. A última das paradas que se atopa a piques de ser reformada é a da rúa Santo Tomás, á altura do número 2, en Monte Alto. Neste lugar achegarase a beirarrúa á calzada para que o bus non teña que realizar manobras complexas para aproximarse. Deste xeito, o autobús parará no carril e os usuarios poderán acceder desde a beirarrúa, ao mesmo nivel. Nota de Prensa

No que vai de mandato a concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade leva investidos 330.000 euros na renovación de vinte paradas do servicio municipal de autobuses. "O noso obxectivo é facer o transporte público accesible a todas as persoas con estruturas adecuadas que xa son unha realidade en moitos dos barrios da Coruña", sinala o concelleiro Juan Díaz Villoslada. Coas catro paradas que serán adaptadas nas próximas semanas o goberno local levará investidos case 400.000 euros na mellora da accesibilidade destas estruturas.

Estes traballos son un dos compromisos principais do goberno de Inés Rey en materia de mobilidade. Desde que comezou o seu mandato destaca a renovación das nove paradas do barrio de Novo Mesoiro, incluíndo a situada próxima ao novo colexio. Tamén se actuou na avenida da Concordia en tres paradas, nas da avenida da Pasaxe á altura dos Castros, en Peruleiro, nas da avenida de Gran Canaria e Conservatorio, na praza de Vigo e en Visma, onde hai dúas paradas renovadas e outras dúas en obras.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión