Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de novembro de 2021

O Concello da Coruña obtén un premio nacional pola remodelación dos Cantóns

O proxecto conseguiu o segundo premio do certame ‘Antonio Valdenebro’ que outorga a Asociación de Enxeñeiros de Tráfico e Técnicos de Mobilidade

O Concello da Coruña ven de conseguir o segundo premio do certame nacional 'Antonio Valdenebro' da Asociación de Enxeñeiros de Tráfico e Técnicos de Mobilidade. Este galardón entregado á Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade distingue ás mellores solucións sobre o calmado do tráfico e a peonalización.

O xurado destacou a transcendencia da recuperación de 11.000 metros cadrados para a mobilidade activa das persoas no centro da cidade e a redución do tráfico na zona. O premio foi recibido no marco das actividades do evento TRAFIC21 celebrado esta semana no recinto IFEMA de Madrid.

O proxecto de remodelación dos Cantóns posto en marcha polo goberno local de Inés Rey forma parte das medidas de urbanismo táctico postas en marcha a raíz da pandemia pola concellaría que dirixe Juan Díaz Villoslada e que se consolidaron con carácter previo á reforma integral que xa se está proxectando nos Cantóns. 

Ademais de gañar 11.000 metros cadrados para a cidadanía, tamén se habilitou un carril bici bidireccional e creáronse novas paradas de autobús accesibles. A maiores, tamén se acometeu a peonalización da rúa Nova e creouse unha pequena praza no cruce coa rúa Olmos. Este premio consolida as políticas de mellora do espazo público e a recuperación da cidade para a mobilidade urbana sostible postas en marcha no mandato de Inés Rey.

O Concello da Coruña xa fora premiado no mes de xullo na segunda edición dos premios Bikefriendly impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta. Naquela ocasión, recibira o Accesit Innova polo seu compromiso para ampliar a infraestrutura ciclista, aproveitando as modificacións do tráfico. A Coruña converteuse ademais en cidade 'bikefriendly' ao obter a primeira posición de todas as cidades por quilómetros de carril bici e vías existentes.

Por outra banda, na oitava edición do premio Cidades que Camiñan, A Coruña conseguiu o segundo posto na categoría de máis de 100.000 habitantes. O Concello presentou o proxecto 'A quinta ronda: A peonil' na que se contempla a situación actual e as previsións de futuro do itinerario peonil de 3,5 quilómetros que cruza a cidade desde o parque de San Diego ao parque do Observatorio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión