3 de febreiro de 2023
O Goberno de Inés Rey foi pioneiro en Galicia na gratuidade das escolas, unha medida que beneficia a máis de 500 familias
Na actualidade, ofértanse prazas na EIM Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (Castrillón), Os Rosales, Luis Seoane (Monte Alto), EIM de Monte Alto e Os Cativos (Palavea)
O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Educación, vén de abrir unha nova convocatoria para a solicitude de prazas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), con 56 vacantes para nenas e nenos nados entre os anos 2020 e 2022. O prazo de solicitude, que xa está aberto, rematará o vindeiro mércores 15 de febreiro.
Estas 56 prazas, correspondentes ao curso 2022-23 na REIM, repártense entre sete das oito Escolas Infantís Municipais: EIM Agra do Orzán, EIM Arela (Elviña), EIM Carricanta (Castrillón), EIM Os Rosales, EIM Luis Seoane (Monte Alto), EIM de Monte Alto, EIM Os Cativos (Palavea).
Por tramos de idade, a relación de prazas libres é: 2 prazas en aulas de ata 1 ano de idade; 10 en aulas de 1 a 2 anos de idade; e 44 en aulas de 2 a 3 anos de idade. A distribución, por Escolas Infantís Municipais, é a seguinte:
AULAS | AGRA | ARELA | CARRICANTA | OS ROSALES | LUIS SEOANE | MONTE ALTO | OS CATIVOS |
0-1 (2022) | 0 | 0 | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 |
1-2 (2021) |
1 | 0 | 0 | 3 | 1 | 0 | 5 |
2-3 (2020) |
5 | 6 | 5 | 0 | 6 | 4 | 18 |
Por segundo ano consecutivo, o servizo é gratuíto para as familias, reforzando a aposta do Goberno de Inés Rey pola conciliación. A medida foi posta en marcha no presente mandato como parte do plan de axuda ás nais e pais con crianzas, e xa beneficia a máis de 500 unidades familiares da cidade.
A solicitude de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos proxenitores deberá presentarse, preferiblemente a través da Sede electrónica , ou ben a través dos seguintes rexistros municipais: o do propio Concello, na praza de María Pita; o rexistro auxiliar da rúa da Franxa; o do Fórum Metropolitano, na rúa Río Monelos; e o rexistro do Centro Sociocultural Ágora.
Será necesario, en todo caso, solicitar Cita previa .
A información completa sobre o proceso de admisión na REIM pode consultarse na web da Rede de escolas infantís .
11 de marzo de 2023
14 de febreiro de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible