Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de noviembre de 2021

O Concello da Coruña organiza unhas xornadas de fomento do emprendemento social e sustentable

Os próximos 29 e 30 de novembro, o Departamento de Promoción económica e comercio do Concello da Coruña organiza dúas xornadas de fomento do emprendemento social e sustentable.

O obxectivo destas xornadas é ofrecer unha visión máis completa do que é a economía verde e circular, das ferramentas que se poden aplicar para facer negocios máis sostibles, dos distintos nichos de mercado que existen no campo da economía verde e circular, así como da oportunidade que pode ofrecer ás persoas emprendedoras.

As xornadas vanse celebrar no Centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio:

Día 29 de novembro. EMPRENDEMENTO SOCIAL: MÁIS FORTE, MÁIS VERDE E MÁIS INCLUSIVO, nesta xornada as persoas participantes poderán tecer redes e coñecer diferentes realidades dentro do emprendemento.

Dentro desta xornada destacan as Lareiras, un espazo de reunión concibido coma as antigas lareiras, onde tradicionalmente se xuntaban as familias e a veciñanza.

Por unha parte, a Lareira de experiencias emprendedoras, na que participarán as cooperativas Milhulloa, Mulleres Colleiteiras e Medatlantia, empresa, esta última, aloxada con centro de empresas ACCEDE Papagaio. Mulleres emprendedoras que puxeron en marcha, de xeito colaborativo, ideas de negocio sostibles e sociais, e que representan a diversidade da realidade social.

Por outra banda, a Lareira de recursos para o emprendemento, onde participarán, ademais do Departamento de Promoción económica e comercio, Espazocoop-unión de cooperativas galegas, Fundación Ronsel e FSC-INSERTA.

A Comisión Europea aposta pola economía sustentable e circular, que consideran clave. A incorporación destes conceptos nas propostas de proxectos europeos conlevan un plus á hora de obter posibles liñas de financiamento, entre as que se atopan os fondos Next Generation, que tamén teñen cabida nesta xornada.

Día 30 de novembro. HACKATON DE EMPRENDEMENTO REXENERATIVO: A CORUÑA CIRCULAR, onde se fomentará o traballo colaborativo e o diálogo entre as persoas participantes, co obxecto de extraer propostas para a creación de iniciativas emprendedoras circulares.

A técnica do hackathon é un encontro de curta duración orientado a atopar de maneira participativa e intensiva novas solucións de innovación para retos concretos ou ben para deseñar futuros servizos e produtos. Baixo este formato poden desenvolverse múltiples solucións, rápidas e efectivas, a un mesmo problema, e serven como disparadores de ideas colectivas e creativas.

As persoas interesadas en participar ou que precisen máis información poden poñerse en contacto co Departamento de promoción económica e comercio ou ben enviar un correo electrónico a proyectos@medatlantia.eu

Documentos relacionados

  • Programa Emprendemento Social (458 KB)
  • Programa Hackaton (665 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión