Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de abril de 2022

O Concello da Coruña pon en marcha o axardinamento de Xuxán, dentro dos traballos previstos para humanizar o barrio

As actuacións inclúen a plantación de 2.500 exemplares e o acondicionamento de máis de 28.000 metros cadrados de xardíns

O Concello da Coruña realizou a primeira plantación de árbores no barrio de Xuxán. Esta actuación forma parte do plan de urbanización da zona que se está acometendo nestes momentos. 

O proxecto inclúe o axardinamento de todos os espazos libres da urbanización que se atopa entre a avenida de Alfonso Molina e o barrio de Eirís. Está prevista a plantación de céspede nos xardíns, de taludes con especies arbustivas, de árbores, a creación de pantallas vexetais na contorna da AC-10, AC-11 e a vía do ferrocarril, e a instalación da rede de rego automático.

Polo momento, estendeuse terra vexetal e plantáronse 121 exemplares de bidueiros. Os traballos comezaron o pasado mes co acondicionamento das parcelas libres, incluíndo o roce e retirada da cuberta vexetal existente. Esta actuación dálle prioridade aos terreos das zonas que xa están habitadas en Xuxán.

Está previsto que, ao remate dos traballos de urbanización, haxa no barrio 28.000 metros cadrados de céspede, 13.000 metros cadrados de taludes vexetados e 2.500 árbores. O orzamento destinado polo Concello para estes labores de xardinería é de 1,45 millóns de euros.

Próximas actuacións

Nos vindeiros meses continuarase co acondicionamento das parcelas, a execución da rede de rego automático e a plantación de árbores, arbustos e céspede. Estase a estudar as especies a plantar en cada espazo en función da súa distribución e do deseño das parcelas.

A humanización da contorna completarase coa instalación de zonas biosaudables e mobiliario urbano, con 100 bancos, 13 fontes e 186 papeleiras. O proxecto de urbanización de Xuxán conta cunha serie de intervencións entre as que se proxecta o soterramento parcial das vías do tren e a construción das pontes sobre as vías que comunican Xuxán con Matogrande. Ademais, construirase unha nova praza central no barrio de Xuxán, onde se instalarán tres pérgolas. Tamén na praza central está prevista a creación de dúas zonas de xogos infantís, ás que se sumarán outras dúas situadas en espazos libres a cada extremo do barrio.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión