Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de mayo de 2022

O Concello da Coruña presenta o espectáculo teatral ‘Indo e vindo polo camiño’, que dará comezo aos actos polo 125º aniversario do CEIP Eusebio da Guarda

A obra, que se estrea este venres (19.00 horas) no Teatro Colón coa participación de alumnado e mestres de catro centros educativos, achégase ás paisaxes que marcaron a vida de Ricardo Carvalho Calero

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, presentou hoxe o espectáculo teatral 'Indo e vindo polo camiño', que terá lugar este venres 20 (19.00 horas) no Teatro Colón, e que supón o punto de inicio dos actos que conmemorarán o 125º aniversario do CEIP Eusebio da Guarda, efeméride que terá lugar o ano que vén.

A posta de longo de 'Indo e vindo polo camiño', ideada e escrita pola mestra María Dolores Orellán, implica a recuperación das representacións teatrais co gallo do Día das Letras Galegas que se levaban a cabo no Teatro Colón ata o comezo da pandemia. "Era, e volve ser, un traballo de integración levado a cabo polo alumnado durante o curso académico. Retómase, así, o que xa é unha tradición. Sobre todo, para as familias dos participantes", sinalou hoxe Orellán, que imparte clases no CEIP Eusebio da Guarda.

No espectáculo participan estudantes e mestres do CEIP Eusebio da Guarda; CEE María Mariño; o CIFP de Imaxe e Son; e o Conservatorio Profesional de Música de Ribeira 'Enrique Paisal'. A alcaldesa, Inés Rey, asistirá este venres á estrea da obra. "'Indo e vindo polo camiño' reflicte o esforzo conxunto de profesorado, familias e alumnado. É, ademais, unha actividade inclusiva, bela e que redunda en beneficio da formación nas artes do alumnado, aptitudes moi necesarias para a vida. E, por outra banda, é a antesala dos actos previstos polo 125º aniversario do CEIP Eusebio da Guarda, ao que damos parabéns", detallou esta mañá o concelleiro Jesús Celemín na presentación do espectáculo.

'Indo e Vindo polo Camiño' percorre, a través do Camiño de Santiago e sobre as táboas, as paisaxes e lugares que marcaron a traxectoria vital de Ricardo Carvalho Calero. "Presentan os protagonistas de mitos e lendas fundacionais de Galicia e o Camiño que, dunha forma ou doutra, os artellan", explicou María Dolores Orellán.

Ao acto de presentación da peza, celebrado esta mañá no Teatro Colón, asistiron tamén María Irma de la Iglesia, directora do CEIP Eusebio da Guarda; María Luz Barreiro, directora do CEE María Mariño; e Ignacio Romero, director do CIFP Imaxe e Son de Someso.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión