Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de decembro de 2021

O Concello da Coruña prolongará as beirarrúas no tramo final da avenida de Oza, aumentando tamén de 33 a 77 as prazas de aparcamento dispoñibles

As obras permitirán a reurbanización de Casablanca, que gañará espazo peonil no tramo que conecta a rúa Boavista coa avenida da Pasaxe

O Concello da Coruña intervirá no tramo final da avenida de Oza, que conecta coa avenida da Pasaxe no barrio dos Castros, para prolongar o tramo de beirarrúas existente, que actualmente remata á altura da rúa Boavista, ampliándoo en paralelo ao percorrido do oleoduto.

O proxecto de reurbanización deste ámbito, ideado para incrementar os espazos peonís na contorna, aproveitarase para a reestruturación da área de estacionamento en Casablanca, onde a distribución actual deixa en 33 as prazas dispoñibles. Co novo proxecto municipal, que implicará a disposición dos vehículos en batería, pasarán a ser 77 prazas en total, máis do dobre. Ademais, farase tamén accesible a parada de bus ubicada no número 290 da avenida de Oza.

Esta serie de cambios suporán a supresión dun dos sentidos de circulación da rúa, mantendo o de saída desde Os Castros ata a conexión coa avenida da Pasaxe.

A actuación prevista enmárcase nas políticas de mellora da mobilidade postas en marcha polo Goberno de Inés Rey, con accións encamiñadas a gañar espazos peonís na cidade que ademais, nalgúns casos, supoñen tamén un aumento no número de prazas de aparcamento ao reducir carrís e trocar estacionamento en liña por estacionamento en batería.

Mellora na mobilidade na avenida da Pasaxe e Casablanca

Esta nova intervención súmase as xa executadas o ano pasado polo Concello da Coruña nas inmediacións de Casablanca. Por orde cronolóxica, a área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade acometeu, en marzo do 2020, obras para a disposición dun aparcadoiro disuasorio baixo o viaduto do porto (cunha inversión de 32.769,10 euros); tamén, en marzo do 2020, melloras para a accesibilidade na parada de autobús na avenida da Pasaxe, 15 (cun investimento de 14.937,16 euros); e, por outra banda, xa en decembro do 2020, a reparación do firme de formigón no paseo de Casablanca (cun investimento de 86.755,23 euros).

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión