Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de mayo de 2022

O Concello da Coruña publica a resolución provisional das subvencións para asociacións veciñais por importe de 60.000 euros

Un total de 22 asociacións recibirán fondos para gastos de funcionamento ou apoio aos seus programas, proxectos e actividades

Xa está dispoñible na web municipal a listaxe coa proposta de resolución provisional das subvencións destinadas a entidades veciñais que concede o Concello da Coruña a través da Concellería de Participación Cidadá. O importe total das axudas suma 60.000 euros, que 22 asociacións da cidade poderán utilizar para gastos de funcionamento e para dinamizar os seus proxectos e actividades nos barrios durante o ano 2022. As axudas enmárcanse dentro dos plans de impulso ás entidades locais posto en marcha polo Goberno de Inés Rey.

A finalidade das subvencións é apoiar economicamente os gastos de funcionamento e a realización de programas, proxectos e actividades de interese cívico, social ou cultural das asociacións veciñais no Concello da Coruña, xa realizados ou por realizar, durante o exercicio económico do ano 2022, de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

As solicitudes recibidas para ambas as convocatorias foron valoradas e puntuadas pola Mesa de Avaliación, que emitiu informe e que posteriormente o órgano instrutor formulou a proposta de resolución provisional para as dúas liñas de subvención contidas na convocatoria deste ano. 

A partir da data de publicación, todas as asociacións propostas como beneficiarias teñen un prazo de 10 días para presentar alegacións, non caso de que así o estimen oportuno.

Documentos:

Proposta-de-resolucion-provisional-subvencions-Participacion-2022.pdf (215 KB)

También te puede interesar

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión