Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2022

O Concello da Coruña reanuda as obras de humanización e mellora de accesibilidade nas rúas de San Pedro de Visma e Aguillón

O prazo de execución dos traballos, que se retoman este luns, está previsto, inicialmente, en dous meses

O Concello da Coruña retoma hoxe as obras nas rúas de San Pedro de Visma e Aguillón, no barrio de San Pedro de Visma, despois de que non fosen rematadas pola anterior adxudicataria ao entrar en concurso de acredores.

No caso da rúa Aguillón, cos traballos de canalización xa executados, desde este luns acometeranse as intervencións para mellorar a accesibilidade na contorna que estaban pendentes, reorganizando a zona de circulación de vehículos e dando prioridade aos peóns. Neste sentido, e polas propias características da rúa, disporase unha plataforma única, de forma que os automóbiles circularán por un carril único de 2,3 metros de ancho, cos itinerarios peonís situados á esquerda e dereita deste carril central.

En paralelo, levaranse a cabo intervencións de humanización, que abranguen a colocación de novo mobiliario urbano para o uso e gozo das veciñas e veciños, traballos de xardinería nas áreas verdes próximas e tamén se reanudarán as obras na rede de sumidoros e recollida de augas pluviais. As novas quenllas situaranse na beira dereita da rúa, no sentido cara á rúa San Pedro de Visma.

Por outra banda, no cruzamento que conecta a rúa San Pedro de Visma con Aguillón elevarase o firme da calzada, onde se disporá un paso de peóns elevado, que quedará fixado á cota da urbanización prevista na rúa Aguillón.

O prazo de execución previsto para a finalización dos traballos, tanto en San Pedro de Visma como en Aguillón é, inicialmente, de dous meses. O obxectivo desta actuación é mellorar a mobilidade no barrio de San Pedro de Visma, dando continuidade á política do Goberno municipal de Inés Rey para redeseñar A Coruña como unha cidade máis humana e amable para as persoas, apostando por unha maior presenza de vías peonís.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión