Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2022

O Concello da Coruña remata os traballos de saneamento da rúa Amberes, dentro do plan de mellora que se está a executar na Zapateira

As seguintes actuacións previstas son as das rúas Roma, Salzburgo e Marsella

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, rematou estes días os traballos de saneamento na rúa Amberes, situada na Zapateira. Trátase da primeira das actuacións dentro do plan de mellora do saneamento posto en marcha polo Goberno de Inés Rey no barrio.

As obras na rúa Amberes consistiron na renovación da rede de saneamento separativa e, en paralelo aos avances nos traballos, a reposición do firme. O obxectivo é facilitar a recollida de augas residuais domésticas, mellorar a eficiencia do tratamento de augas da zona e, por outra banda, búscase dirixir de maneira adecuada o volume de augas pluviais que, ata agora, discorrían pola plataforma da vía en forma de corrente superficial.

Os traballos de mellora na rede de saneamento no barrio da Zapateira abranguen catro rúas (Amberes, Marsella, Salzburgo e Roma) e está sufragada con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e tamén con fondos municipais. O investimento feito polo Concello na rúa Amberes ascendeu a 71.000 euros, sendo o total destinado a este plan de 729.000 euros. 

O compromiso do Goberno municipal coas melloras en saneamento na Zapateira

As seguintes actuacións previstas serán as das rúas Roma e Salzburgo, e máis adiante Marsella. Estas catro obras darán continuidade aos traballos xa acometidos polo Goberno municipal de Inés Rey en outras cinco rúas do barrio da Zapateira entre os anos 2020 e 2021, cando a Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade executou intervencións similares nas rúas Dublín, Atenas, Burdeos, Venecia e Helsinki, cun investimento de 650.000 euros. Así, o barrio da Zapateira recibiu no actual mandato o maior investimento en saneamento en décadas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión