30 de novembro de 2024
O almanaque, que se distribuirá desde decembro, estará encabezado por unha frase de Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras 2024
O Concello da Coruña seleccionou as 13 imaxes que formarán parte do calendario municipal do 2025. O xurado reuniuse nas últimas semanas para analizar as diferentes propostas achegadas para esta edición, cumprindo coa tradición de editar un almanaque formado por imaxes de fotógrafos afeccionados da cidade. O calendario distribuirase desde o mes de decembro en quioscos.
Este concurso está, como cada ano, aberto á participación cidadá e as fotografías deben tomarse no termo municipal da Coruña. Nas imaxes é necesario destacar o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade. O xurado tivo en conta a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe.
O xurado estivo formado polos fotoxornalistas César Quián, Víctor Echave e Pedro Puig. Tamén estivo integrado por Andy Pérez, responsable de fotografía do Concello. A alcaldesa, Inés Rey, e os membros da corporación Nereida Canosa, Roberto Coira e Francisco Jorquera, tamén formaron parte do xurado. Xunto ás 13 imaxes seleccionadas (12 para os meses do ano e unha para a portada), o almanaque completarase con fotografías históricas da cidade do Arquivo Municipal da Coruña para cada un dos meses do ano.
Este ano, o calendario irá encabezado pola frase 'Cidade habitada polo vento', referencia extraída da obra Os libros arden mal (2006) de Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras 2024. As persoas gañadoras recibirán dous libros de fotografía e un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses para dúas persoas.
As gañadores e gañadores do concurso
5 de decembro de 2024
3 de decembro de 2024
3 de decembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible