Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

27 de maio de 2020

O Concello da por concluído o programa de activamento físico na casa

Dez semanas de funcionamento con 42 vídeos de exercicios para todas as idades e 150.000 visitas con 35.000 usuarios únicos.

Coa entrada na Fase 2 de desescalado a concellería de Deportes de A Coruña da por concluído o programa "En liña" concibido desde as Escolas Deportivas Municipais para axudar ao mantemento do exercicio físico durante o confinamento derivado do estado de alarma decretado polo Goberno con motivo do COVID-19.

Foron 10 semanas preparando e editando 42 vídeos pensados e personalizados para distintos tramos de idade con grande éxito de resposta por parte da veciñanza, o que se reflicte nas 149.166 visitas recibidas por parte de 34.477 usuarios únicos.

A web EnLiña seguirá activada para todas aquelas persoas interesadas e seguir activándose desde a casa.

Este programa pode seguirse desde as Redes Sociais de Coruña Deporte en Facebook, Twitter e Instagram. Tamén no canal de Youtube e nas páxinas web do Concello da Coruña e na propia da Concellería de Deportes.

#ACTÍVATENARÚA

Actívate na Rúa agrupa unha serie de recomendacións, elaboradas polas monitoras e monitores das Escolas Deportivas Municipais do Concello da Coruña, útiles para todas aquelas persoas que retoman a actividade deportiva nas rúas. Estas recomendacións teñen como obxectivo a prevención de todo tipo de lesións.

Como Recomendacións Xerais suxírese evitar o contacto con calquera tipo de elemento ou equipamento urbano (bancos, pivotes, muros etc.). Non se pode esquecer que, aínda que vaiamos con protección durante o tempo de saída, poden producirse descoidos que supoñan risco de contaxio e propagación do virus.Recoméndase facer o quecemento e os estirámonos en casa para evitar tocar calquera elemento ou equipamento urbano e para aproveitar ao máximo o tempo que está permitido saír para a realización do traballo cardiovascular.Convén tamén unha boa hidratación, se é posible, levando un botellín de auga. E, ao chegar a casa, imprescindíbel seguir os consellos de limpeza e desinfección marcados polas autoridades sanitarias. Finalmente e para manter unha hixiene adecuada, unha ducha e cambio de indumentaria ao finalizar a sesión.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión