Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de octubre de 2020

O concello demándalle á Xunta a creación dunha autoridade única do transporte metropolitano

A alcaldesa, Inés Rey, proponlle ao Goberno autonómico que se constitúa un grupo técnico de traballo para ofrecer un servizo máis eficiente e lamenta a merma de capacidade de decisión dos concellos afectados

A alcaldesa, Inés Rey, proponlle á Xunta que constitúa en tres meses un grupo técnico de traballo entre ambas as institucións e os concellos afectados para estudar a posta en marcha da autoridade única do  transporte metropolitano logo de que o Goberno autonómico lle presentara o novo convenio na pasada comisión. Rey avoga por que as cuestións que poidan xurdir en relación co Plan de accesibilidade se diriman no seo da comisión bilateral de seguimento do dito Plan e que os servizos regulares urbanos se poidan estender máis aló dos límites do termo municipal da Coruña, tal e como xa recollía o acordo anterior asinado en 2010. Cre que coa coordinación de liñas urbanas e interurbanas de viaxeiras/os por estrada se mellorarán as condicións de accesibilidade das persoas usuarias da rede de transporte público.

Ademais, Rey postúlase a favor de que a administración local estableza as tarifas nos desprazamentos urbanos realizados no concesionario do transporte urbano e propón unha táboa de prezos por salto para que os niveis de compensación estean sometidos ás distintas actualizacións. Desde o Goberno local indican que no escrito se refiren a que se aplicarán os incrementos experimentados polo IPC, sen prexuízo de subidas extraordinarias, pero non aclaran que tipo de subidas son nin que organismos as financiaría. Neste punto salientan a necesidade de que a Comisión de Seguimento acorde unha alteración superior ou inferior das táboas de prezos por salto atendendo fundamentalmente á evolución do sistema do transporte.

En definitiva, Rey lamenta a merma de capacidade de decisión dos concellos afectados ao perder o convenio o seu carácter mixto que supoñía, por un lado, unha competencia da comisión, e por outro o voto favorable dos municipios pertinentes. Canto ao pagamento das prestacións ás empresas concesionarias, propón que siga sendo a Xunta a que distribúa o importe achegado polos concellos.

Pola súa parte, o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, apunta que debería ser tamén o Goberno autonómico quen asuma o subministro das marquesiñas, deixando aos concellos a súa colocación, conservación e mantemento, e establecendo un procedemento de selección de modelos e lugares para a colocación en consonancia cos municipios.

Na promoción do transporte metropolitano, o edil cre que coa obriga que o convenio lle asigna aos concellos de difundiren os horarios actualizados dos servizos de transporte e, singularmente, do emprazamento e renovación nas marquesiñas e demais infraestruturas, estase a perder homoxeneidade no formato e no deseño e aposta por que sexa a Xunta a que o xestione e ofreza un modelo de marquesiña estandarizado en que se coloquen as táboas horarias para que non sufran tanto as inclemencias meteorolóxicas.

Desde o Goberno local critican tamén que a operatividade da Comisión de Seguimento pase a ter unha periodicidade anual, en vez de semestral como ata agora e insisten en que se nomee unha única autoridade nesta materia, que integre toda a información e adopte as decisións que este proceso requira.

Por último, recordan que no anteproxecto de explotación, a Xunta non admitiu dúas alegacións remitidas desde María Pita e non se contestou a unha terceira, en que aludían a que constasen Entrexardíns e a Estación de Autobuses como as paradas finais das liñas, e que as que rematasen en Entrexardíns podían facer a regulación no concello de orixe, mentres que as que finalizaran na estación a realizaran alí.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión