Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de marzo de 2021

O Concello descobre unha moeda romana no Castro de Elviña

Atopárona no acceso suroeste do sector 16 do xacemento en que traballa o equipo de arqueoloxía desde o ano pasado para poñer en valor o muro e a entrada, que moi probablemente foron construídos antes dos romanos

O Concello, que leva a cabo uns traballos arqueolóxicos no Castro de Elviña, descubriu estes días unha moeda romana, que data do século II despois de Cristo e que se atopa nun bo estado de conservación. Nela pódese recoñecer a imaxe de Faustina a menor, esposa do emperador Marco Aurelio e nai do emperador Cómodo. Os arqueólogos explican que a moeda estaba situada na capa vexetal, en niveis moi superiores. Sinalan que os procesos de formación do chan provocaron que este elemento se movera e quedara soterrado durante séculos ao medrar por riba a vexetación. En concreto, as/os profesionais localizárona no acceso suroeste do sector 16, en que xa estiveron realizando unha campaña en 2020 "que este ano ampliamos para restaurar o muro e a entrada, quitando toda esa capa vexetal". A estratexia é que unha vez se terminen as escavacións, se proceda a restaurar todo o conxunto arqueolóxico, dentro dunha actuación global co fin de  "facer do Castro o gran parque cultural do interior da cidade", recorda a alcaldesa, Inés Rey.

Por outra parte, as e os expertos sosteñen que é moi posible que ese acceso se utilizara na época romana, aínda que é probable que fora construída anteriormente. A rexedora asegurou que se realizarán as melloras necesarias "para convertelo non só nun lugar de estudo do noso pasado, senón tamén nunha infraestrutura social para a veciñanza, con grandes posibilidades turísticas".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión