Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de novembro de 2020

O concello destaca o traballo da RAG e das asociacións astronómicas por normalizar o uso do galego na ciencia

O director da área de Cultura, Rómulo Sanjurjo, presentou, xunto ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o académico Manuel González o novo catálogo astronómico coa incorporación, grazas a un traballo da institución con distintos colectivos e persoas expertas, de 88 constelacións en galego

O concello presentou esta mañá o novo catálogo astronómico, que incorpora 88 constelacións en galego logo dun traballo entre a Real Academia Galega, a través do Seminario de Terminoloxía, e o equipo composto por Salvador Bará, profesor de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela; Óscar Fernández e Martín Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío; e o físico Dosi Veiga, impulsor de Ceos Galegos.

O director da Área de Cultura, Rómulo Sanjurjo, destacou o grande esforzo que desenvolveron as académicas e os académicos, que atenderon a cuestións lexicográficas, científicas e culturais para completaren este glosario: "Grazas tamén a todas as persoas expertas que axudaron a construílo e que aconsellaron as autoras e autores para que hoxe o firmamento fale en galego. É unha obriga das institucións que o idioma forme parte de todos os campos da ciencia e que, igual que Rosalía vixía desde o seu exoplaneta río Sar, haxa un "carneiro", unha "xirafa" e mais un "cangrexo" para nos daren apuntamentos sobre como están as cousas por aí enriba". Recordou, ademais, que do primeiro proxecto socialista para a Casa das Ciencias xurdiu un equipo humano extraordinario: "Queremos seguir sendo un modelo de cidade que innova e que se diferencia das da súa especie e creo que esta cúpula en que nos atopamos simboliza esa forma de ser como cidade en que todas e todos temos parte: a Administración, as institucións como os Museos Científicos e a Real Academia Galega, e, por suposto, as coruñesas e os coruñeses, que son o mellor dos públicos porque sempre responden".

Pola súa parte, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes explicou que "esta iniciativa paréceme importante polo que significa ao seguir a profundar nos traballos que a RAG realiza en prol da incorporación da lingua galega ao ámbito científico, mesmo colaborando con especialistas e institucións que achegan os seus coñecementos".

Pola súa parte, o coordinador, Manuel González, salientou tamén o valor normalizador deste traballo. A delimitación definitiva das constelacións foi aprobada pola Unión Astronómica Internacional en 1930 e bebeu dos nomes latinos, que son os que se empregan como referencia científica. "Pero desde entón son moitas as linguas que incorporaron unha versión propia ao seu vocabulario técnico. Para o galego existían, desde hai uncerto tempo, distintas propostas mais careciamos dunha normalizada e oficial", puntualizou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión