Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de julio de 2022

A entidade atenderá os casos que se deriven desde a Concellería de Benestar Social

O Concello e a Construtora Benéfica Sagrada Familia promoven a rehabilitación gratuíta de vivendas de persoas vulnerables na cidade

A alcaldesa Inés Rey apuntou que “as actuacións nos fogares tratarán de mellorar a funcionabilidade, habitabilidade, seguridade e hixiene das vivendas co obxectivo de que sexan fogares dignos e adecuados”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou esta mañá un convenio de colaboración entre o Concello e a Construtora Benéfica Sagrada Familia para rehabilitar as vivendas de persoas vulnerables ou en situación de exclusión social da cidade. Desde a Concellería de Benestar Social identificaranse as persoas usuarias dos Servizos Sociais municipais que se atopen na devandita situación de especial vulnerabilidade e/ou de exclusión social e derivarase cada caso á entidade Sociedade Benéfico Social Sagrada Familia para a rehabilitación das súas vivendas.

A entidade coruñesa é a única de España que leva a cabo este labor social. Creouse en 1954 co obxectivo de construír vivendas para persoas e familias en risco de exclusión, evolucionando na actualidade cara a rehabilitación de edificios e fogares. O seu traballo centrouse ata o de agora nos barrios de Os Mallos e a Sagrada Familia, pero o convenio firmado este luns permite que leven a cabo actuacións en todas as zonas da cidade.

Inés Rey destacou que este convenio "reforza o compromiso do Concello cos veciños e veciñas máis vulnerables da cidade, sobre todo as persoas maiores e as familias con menores que atravesan dificultades económicas, e dá cumprimento ao mandato constitucional de que todas as persoas teñen dereito a habitar unha vivenda digna e adecuada". No acto de sinatura tamén estivo presente a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira.

"As actuacións nos fogares tratarán de mellorar a funcionabilidade, habitabilidade, seguridade e hixiene das vivendas co obxectivo de que sexan fogares dignos e adecuados", sinalou a alcaldesa Inés Rey. Considéranse incluídas no ámbito do convenio as obras referentes a mellorar a eficiencia enerxética das vivendas. O custo das obras será sufragado pola entidade construtora. "Este novidoso convenio ven a reforzar o noso compromiso como goberno de mellorar a calidade dos servizos sociais do termo municipal e atención que prestamos a quen máis o precisa, tratando de mellorar a calidade de vida e traballar por unha cidade máis xusta e igualitaria", engadiu a rexedora.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión