Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de enero de 2023

O Concello e Agadic asinan os convenios para cofinanciar a programación de artes escénicas do Fórum Metropolitano e do Teatro Rosalía

O acordo inclúe a programación de 26 espectáculos dos ciclos ‘Todo Público’ e ‘Sen Numerar’ do Fórum e do Teatro Rosalía que se desenvolverán de febreiro a xuño

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asinaron hoxe o convenio para levar a cabo o desenvolvemento conxunto da programación de artes escénicas deste 2023 no Fórum Metropolitano. Esta instalación municipal forma parte, como o Teatro Rosalía de Castro, da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Agadic cofinanciará mediante este acordo a programación de 12 espectáculos teatrais que se desenvolverán de febreiro a xuño.

"A programación de artes escénicas do Fórum é un dos piares básicos da proposta deste recinto, que ten entre os seus obxectivos fundamentais achegar á cidadanía as artes escénicas, especialmente na infancia", sinalou a alcaldesa. Con este convenio prográmanse 12 espectáculos dos 18 que ofrecerá o recinto durante este primeiro semestre do 2023. Trátase da programación propia do Fórum dentro dos ciclos 'Todo Público', destinado ao público escolar, e 'Sen Numerar', dirixido ao público xuvenil e adulto. Estes programas complétanse con outros que xa forman parte da programación tradicional do Fórum, como 'Bebescena', 'Fórum Máxico', 'Festival de Títeres de Nadal' ou 'Falando a boca chea'. Ademais, no mes de abril realizarase o Festival de Teatro Universitario e en maio o espectáculo 'La loka historia de Frankestein', no marco do Corufest.

"Este acordo contribuirá a que o Fórum siga a ser esa referencia cultural na que se converteu nos seus 26 anos de vida", apuntou Inés Rey, que lle quixo agradecer a Agadic a súa colaboración. "Desde o Goberno municipal seguiremos impulsando esta instalación para que siga a ser exemplo de espazo público compartido e referente en artes escénicas", engadiu Rey.

Convenio do Rosalía de Castro

Por outra banda, a alcaldesa e o director do Agadic tamén asinaron o convenio para o desenvolvemento da programación de artes escénicas do Teatro Rosalía de Castro, que ao igual que o Fórum Metropolitano forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, durante este primeiro semestre do ano. En total, sumando os espectáculos programados nos dous recintos municipais, serán 26 as funcións que se levarán a cabo grazas a este acordo.

O Teatro Rosalía de Castro, elixido mellor teatro de Galicia, está a desenvolver a programación do Ciclo Principal do primeiro trimestre do ano, con 14 obras confirmadas e figuras como Eduard Fernández, Miguel Ángel Solá ou Lluis Homar. As entradas e os abonos para este ciclo xa están á venda. O Concello e o Agadic cofinanciarán parte desta programación.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión