Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2022

O Concello edita un manual de bos hábitos para fomentar unha alimentación saudable e equilibrada entre os máis pequenos

A través do programa ‘Educación para o Consumo’, promovido pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor, nenas e nenos de entre 3 a 6 anos recibirán unha guía didáctico-lúdica de nutrición infantil

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Comercio, Consumo, Mercados e Barrios, vén de editar un manual de bos hábitos orientado a sensibilizar ás nenas e nenos da cidade sobre a importancia de manter unha alimentación saudable, equilibrada e responsable.

Este manual, unha guía de nutrición infantil que pon a proba os coñecementos dos máis pequenos a través dun formato didáctico-lúdico, está orientado a un público específico en idade de 3 a 6 anos de idade, rapazas e rapaces que participan nos talleres de alimentación impartidos pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) no contexto do programa 'Educación para o Consumo' que promove a propia OMIC.

As actividades incluídas no manual están dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e tamén ao alumnado en primeiro ano de Educación Primaria, actividades que están organizadas en cinco áreas temáticas: nutrición e dieta equilibrada; grupos de alimentos; identificación de alimentos saudables; hábitos alimentarios saudables; e, por último, a identificación de alimentos non saudables.

Neste sentido, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) plantexa actividades prácticas para cada unidade didáctica, con recortables e quebracabezas, así como de debuxo e cor, adhesivos e imaxes con formato 'Sabías que?'.

Por outra banda, e ademais deste manual destinado específicamente ao alumnado, a OMIC editou unha carpeta para o profesorado que achega, desde un punto pedagóxico, os obxectivos educativos, metodoloxía e exercicios expostos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión