Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2026

O Concello encara a recta final da remodelación dos Cantóns coas últimas pavimentacións, traballos no aparcadoiro e a instalación de semaforización e sinalización

Xa están rematadas actuacións como o tramo final do carril bici e a pavimentación do Cantón Pequeno, ademais do asfaltado completo ata a praza de Ourense por Sánchez Bregua

O Concello encara a recta final da remodelación dos Cantóns, un dos proxectos de humanización máis ambiciosos impulsados polo Goberno de Inés Rey que renovará a cara dunha das arterias máis emblemáticas e concorridas da cidade, reordenando a zona para facer máis cómodo o tránsito peonil e potenciando a mobilidade sostible. Os novos Cantóns contan con carrís bici ampliados, repoboación vexetal coa creación de novos espazos verdes e reducindo a superficie de asfalto -en total, 5.000 metros cadrados máis de espazos peonís con respecto á súa imaxe previa, con máis superficie de granito e baldosa hidráulica-. Nos últimos días rematouse a pavimentación do Cantón Pequeno e o tramo final do carril bici. 

"Estamos a darlle unha nova vida aos Cantóns, potenciando o seu carácter peonil e de punto de encontro de toda a cidade", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.

Tamén están a levarse a cabo estes días varios traballos desta fase final, incluíndo a pavimentación da praza de Mina, Juana de Vega, Sánchez Bregua, o que completará a calzada. Instalarase tamén a semaforización definitiva incluíndo o novo xiro á esquerda só para o bus, xunto coa sinalización correspondente. A previsión é que nas vindeiras semanas quede xa aberta Juana de Vega co novo xiro de autobuses. 

Ademais, proximamente procederase á instalación do ascensor  do aparcadoiro. E unha vez habilitadas as novas saídas peonís pecharanse as do Obelisco e fundacións, procedendo a completar a pavimentación.

No lado dos xardíns de Méndez Núñez, executaranse nestes días remates nas escaleiras e comezará a pavimentación da zona de Entrexardíns. Estes traballos supoñen un avance decisivo para completar unha rehabilitación histórica no corazón da cidade mellorando non só o ordenamento da área, senón tamén o modelo de tránsito, a accesibilidade e a actualización estética da contorna. A redución dos espazos pavimentados con asfalto é o que  permite gañar a superficie peonil que na contorna do Obelisco, o Cantón Grande e o Cantón Pequeno e proximamente tamén en Entrexardíns.

Non obstante, a pesar da toma de protagonismo do peón, a circulación do tránsito rodado dos Cantóns segue estando habilitada, con dous carrís -un por sentido- por onde poden transitar os automóbiles e os vehículos do transporte público, tanto autobuses urbanos, como interurbanos e taxis, buscando así o equilibrio sostible entre diferentes modelos de mobilidade. 

Ademais, durante as obras triplicarase a superficie verde que había nos Cantóns, cun total dunha vintena de árbores, unha xardiñeira de cen metros de lonxitude e outros elementos vexetais previstos. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión