Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de decembro de 2020

O Concello esíxelle á Xunta que se implique coas instalacións deportivas da cidade

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, critica a nula previsión do Goberno autonómico para manter e construír as infraestruturas que lles dan soporte a miles de deportistas na Coruña

O concello ínstalle á Xunta a que rectifique o "Proxecto de Orzamentos de 2021", que se implique co deporte e que destine máis investimentos a construír e mellorar as instalacións da cidade, ao ser o órgano con competencias exclusivas nesta materia. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que o Goberno autonómico non inclúe apenas partidas nesta área, "o que suporía un abandono total das infraestruturas pola súa parte", que xa en 2020 deixou sen orzamentos. Aínda que non lle corresponde, a edila recorda que o Concello é a única Administración que inviste actualmente no mantemento da maioría destas infraestruturas e atende as principais demandas dentro das súas posibilidades orzamentarias.

En María Pita, engade, a práctica deportiva sempre foi unha prioridade de cara a fomentala e traballar coas entidades, que son ao final as que realizan o servizo. De feito, o Goberno local asignou unha concellería integramente a promover o deporte, sobre o que a Xunta ten responsabilidade "exclusiva", segundo o reflicte o propio Estatuto de Autonomía de Galicia: "Parécenos moi preocupante que no proxecto de orzamento que saíu a semana pasada, dos máis de 6 millóns de euros que a Xunta reserva para o deporte, só un 8,64% lle corresponde á provincia da Coruña, cando a cidade ten o 10% da poboación galega e a provincia o 41%". 

Ante a nula previsión da executiva de Núñez Feijóo para o ano que vén, "esixímoslle que aumenten as cantidades dirixidas ás instalacións que tanto servizo lle dan á cidadanía", afirmou a edila.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión