Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de novembro de 2020

O Concello establece controlar a ocupación máxima permitida nos autobuses a través da monitoraxe en tempo real e o despregamento do 100% da frota

Desde o Concello faise un chamamento á tranquilidade para todas as viaxeiras e viaxeiros do transporte urbano, xa que os protocolos de control e as evidencias científicas garanten un transporte público seguro

O Concello da Coruña e a Compañía de Tranvías aumentan o control da capacidade máxima permitida nos autobuses a través da monitoraxe en tempo real e do despregamento do 100% da frota.

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, apuntou que o concello está a realizar todos os esforzos necesarios, en comunicación permanente coa Compañía de Tranvías, para cumprir as ocupacións impostas desde a Consellería de Sanidade, co apoio da Policía Local, para garantir que sexan aplicadas a bordo dos autobuses. A propia compañía leva a cabo unha monitoraxe en tempo real para controlar a ocupación co obxectivo de cumprir os protocolos estritors de seguridade fronte á COVID-19.

Neste sentido, apuntou, "está a despregarse a totalidade da frota ao ofrecer o 100% do servizo, cun despregamento de todos os reforzos posibles", para minimizar a incidencia sobre as necesidades de mobilidade da cidade, que actualmente se atopa, a pesar de todo, en torno ao 60% da demanda previa a esta crise sanitaria.

O Concello destaca que a seguridade do transporte público está garantida totalmente e así o seguirá estando durante todo este período de crise sanitaria. De feito, o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias recolle o total dos brotes e casos notificados en España e determinou, incluíndo o transporte de longo percorrido e en calquera medio, que só o 0,05% do total dos brotes e o 0,03% das persoas contaxiadas se poden asignar a estes ambientes, o cal demostra a nula incidencia que se produce nun transporte público de tan curto percorrido como é o urbano.

Neste contexto, realízase un chamamento á colaboración das usuarias e usuarios, con especial fincapé na necesidade de utilizar a máscara en todo momento e de atender as indicacións das condutoras e condutores con respecto á capacidade e á utilización dos espazos habilitados nos autobuses, e recoméndase especialmente que se ocupen todas as prazas de asento dispoñibles, para evitar a aglomeración de persoas de pé.

Tamén se insta a evitar no posible as horas punta, sobre todo coas facilidades que ofrecen as liñas con alta actividade, como a universitaria, en que se dispuxeron desde o principio reforzos nas ditas horas con frecuencias de 2 a 3 minutos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión