18 de noviembre de 2022
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, solicitou informes técnicos no encontro que tivo lugar hoxe, convocado pola Xunta oito meses despois do anuncio do proxecto
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, asistiu esta mañá a un encontro co delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, reunión convocada pola Xunta para presentar á Coruña por vez primeira a proposta do paso peonil entre As Xubias e Santa Cristina.
Díaz Gallego agradeceu a xuntanza, unha cita que, lembrou, o Concello leva oito meses pedindo sen que ata o de agora se convocase. "Entendemos a reunión de hoxe como unha primeira toma de contacto necesaria para poder adoptar unha decisión", indicou Díaz Gallego, que formulou ao delegado da Xunta diversas cuestións e dúbidas sobre a proposta de pasarela que difundiu a Xunta no mes de abril.
Entre outras cuestións, o concelleiro solicitou á Xunta un informe sobre mobilidade que se comprometeu a remitir. A Xunta confirmou que polo momento non existe proxecto construtivo para a pasarela, motivo polo cal non é posible contar cos informes de Costas sobre o seu posible impacto na ría.
O Goberno municipal, explicou Díaz Gallego, estudará a proposta autonómica, estudo que requirirá un tempo e que non se puido levar a cabo antes "porque en oito meses non tivemos información por parte da Xunta, ata hoxe".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible