Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de marzo de 2022

O Concello executará os 22 proxectos gañadores dos Orzamentos Participativos 2021, que inclúen novas zonas verdes, melloras en parques e novos carrís bici

O Goberno municipal investirá máis de 2,5 millóns de euros para cumprir coas achegas máis demandadas da cidadanía

O Concello executará este 2022 as 22 propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos 2021. A aprobación no pleno extraordinario deste xoves dos Orzamentos Municipais do 2022 grazas ao acordo alcanzado entre o Goberno municipal e a Marea Atlántica, permitirá acometer ditos proxectos, que contemplan a ampliación de zonas verdes, a mellora de parques infantís e superficies deportivas ou a creación de novos carrís bici.

O Goberno de Inés Rey destinará máis de 2,5 millóns de euros dos orzamentos ás propostas realizadas polos coruñeses e as coruñesas que foron as máis votadas. Refórzase deste xeito o compromiso municipal coas achegas e as necesidades da cidadanía, que puido presentar e votar propostas para o conxunto da cidade e para cada un dos dez distritos que a compoñen.

Os coruñeses e as coruñesas apostaron nestes Orzamentos Participativos maioritariamente pola ampliación de zonas verdes, melloras en parques infantís e en superficies deportivas e ampliación das plataformas de mobilidade alternativa ao coche. Trátase de propostas que seguen a liña política da alcaldesa Inés Rey, buscando unha cidade para as persoas e comprometida con formas de mobilidade sostibles e espazos máis amables.

Os Orzamentos Participativos 2021 foron os que máis propostas recibiron desde que se realizan. Os cidadáns e cidadás puideron escoller proxectos para aplicar no ámbito de toda a cidade por valor dun millón de euros. Ademais, escolléronse tamén proxectos por valor de 150.000 euros para cada un dos 10 distritos da cidade, con dous proxectos a maiores para aproveitar os remanentes orzamentarios. Ademais, foi a primeira edición que incorporou a votación presencial, o que permitiu rachar a fenda dixital e que toda a cidadanía tivese acceso ás propostas.

Propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos 2021

                 Proposta

                  Custo

Toda a cidade

Colocación de máis árbores, plantas e flores en toda a cidade

250.000 euros

Creación de parques infantís cubertos

250.000 euros

Aseos autolavables no Paseo Marítimo

250.000 euros

Parques infantís adaptados para nenos e nenas con mobilidade reducida en cinco lugares

250.000 euros

Distrito 1

Conectar os carrís bici do Paseo Marítimo e o Cantón Pequeno

150.000 euros

Distrito 2

Plantar árbores na rúa da Torre

35.000 euros

Humanización da avenida de Hércules

60.000 euros

Distrito 3

Cobertura parcial do patio do CEIP Labaca

75.000 euros

Acondicionamento de baños no CEIP Labaca

60.000 euros

Distrito 4

Reforma ou ampliación do parque infantil da Sardiñeira

100.000 euros

Carril bici no cruzamento da Avenida de Arteixo coa rolda de Nelle

150.000 euros

Distrito 5

Creación de instalacións deportivas no barrio dos Rosales

75.000 euros

Zonas verdes no aparcadoiro de Riazor

50.000 euros

Distrito 6

Novas zonas verdes na Agra do Orzán

150.000 euros

Distrito 7

Mellora de accesibilidade das escaleiras do CEIP María Pita

150.000 euros

Distrito 8

Reforma exterior da escola infantil Os Cativos

90.000 euros

Distrito 9

Zona polideportiva descuberta na Urbanización Breogán

75.000 euros

Carril bici en Novo Mesoiro

150.000 euros

Paso ciclista no carril bici entre Mesoiro e a Universidade

48.400 euros

Distrito 10

Paso de peóns na avenida de Arteixo

85.000 euros

Construción de pista Pumptrack

53.600 euros

Iluminación da pista polideportiva de Alcalde Salorio Suárez

7.900 euros

Total

2.564.900 euros

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión