Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de febreiro de 2020

O concello habilita puntos de información con motivo das eleccións autonómicas

A veciñanza poderá achegarse desde este luns ata o Fórum Metropolitano, o centro Ágora e o propio consistorio ou ben chamar ao 010 para comprobar que figuran no censo ou para recibir calquera tipo de información sobre os comicios do 5 de abril

Con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o 5 de abril, o concello disporá dunhas oficinas de información e consultas, así como do servizo do Teléfono de Información 010. Desde este luns e ata o 24 de febreiro, a cidadanía poderá achegarse ao Fórum Metropolitano, ao centro Ágora e ao propio consistorio para comprobar que figuran no censo ou aclarar calquera cuestión referente aos comicios, en horario de luns a venres, de 08.00 a 20.00 horas. Os sábados, domingos e festivos abrirán de 09.00 a 14.00 horas. Tamén se poderá chamar ao 010 no mesmo horario ou ao número 981 920 010 para as persoas que telefonen desde fóra do municipio. Para manter unha conversa por esta vía, requerirase unha acreditación de identidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión