Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xaneiro de 2021

O Concello humanizou máis de 29 rúas e prazas da cidade nos últimos doce meses

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, sinala que estas intervencións, executadas a través do Contrato de mantemento, conservación e reparación dos pavimentos de beirarrúas e áreas peonís da cidade, abranguen “máis de 27.000 m²” e destaca as obras levadas a cabo na rúa Sol, Vía Ártabra, avenida de Gran Canaria, Oidor Gregorio Tovar e Rianxo

O Concello, a través da Concellería de Ubanismo, Infraestruturas e Mobilidade, mellorou máis de 27.000 metros cadrados de áreas peonís na cidade, que afectan a máis de 29 rúas e prazas. Desta superficie intervida, 15.000 m² corresponden á zona norte da cidade, na zona sur actuouse en máis de 12.000 m². Estas intervencións foron executadas a través do Contrato de mantemento, conservación e reparación dos pavimentos de beirarrúas e áreas peonís da cidade.

Desde a concellería destacan, na zona norte da cidade, as obras levadas a cabo na rúa Sol, Vía Ártabra e na avenida de Gran Canaria. Canto ao ámbito de intervención do sur do municipio, as actuacións máis salientables son as das rúas Oidor Gregorio Tovar e Rianxo.

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, apunta que "en todas estas intervencións aumentáronse os espazos peonís, instalouse mobiliario urbano e incrementáronse o número de árbores e zonas verdes. Todas estas intervencións, asegura, realízanse seguindo a estratexia do goberno que dirixe Inés Rey, "seguindo os obxectivos que fixa a Axenda 2030".

Na zona norte da cidade, recalca Villoslada, "mellorouse a contorna escolar do CEIP Raquel Camacho para incrementar a seguridade da comunidade escolar deste centro, así como tamén se fixeron accesibles tres paradas de autobús". Na zona sur actuouse na contorna no CEIP Labaca, aumentando os espazos peonís entre a rúa Antón Vilar Ponte e a Costa da Unión. Neste mesmo ámbito de actuación apostouse pola mellora das paradas do bus urbano, facendo accesibles tres paradas de autobús e todas as de Novo Mesoiro, a petición da asociación de veciños. Neste barrio, sinalan desde a concellería, tamén se creou unha nova parada de autobús e habilitouse un paso de peóns na contorna do novo CEIP da zona.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión