Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xuño de 2021

O Concello impartirá un obradoiro de formación que lle dará emprego a 16 persoas

A Xunta deulle luz verde o proxecto “Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos” presentado polo Concello xunto ao municipio de Culleredo

O Concello da Coruña impartirá un obradoiro de emprego denominado "Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos", que lle dará emprego e formación a 16 persoas. A Consellería de Emprego e Igualdade deulle luz verde o proxecto presentado de maneira conxunta polos municipios de Coruña e Culleredo que está dirixido ás persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e teñen menos de 30 anos.

A alcaldesa, Inés Rey, destacou a importancia deste tipo de iniciativas para promover o emprego entre a xente máis nova: "O Goberno local durante a crise sanitaria non só tomou medidas para protexer o emprego que xa existe, senón que tamén traballamos na integración laboral con programas como este obradoiro".

As persoas que terán un contrato de formación e emprego durante doce meses encargaranse da musealización dixital dos xacementos arqueolóxicos da cidade co fin de poñer en valor o descuberto nas distintas excavacións arqueolóxicas realizadas até o de agora. A axuda do Goberno autonómico para o obradoiro sería de 369.000 euros, aos haberá que lles sumar 25.000 euros achegados polo Concello. As persoas realizarán labores de dixitalización 3D mediante fotogrametría de bens do Patrimonio cultural do Concello da Coruña e elaborarán programas culturais e o contido da Rede Virtual do Patrimonio Cultural da Coruña.

A intención da área de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego é promocionar os recursos arqueolóxicos e patrimoniais da Coruña a través da aplicación das TIC. Ao mesmo tempo, outro dos obxectivos que se persegue é que o persoal contratado estea en condicións de se incorporar ao mercado laboral para ocupar postos de traballo vencellados coa imaxe, a edición dixital, a dixitalización patrimonial e a programación e desenvolvemento de actividades culturais. Para poder participar neste programa, é imprescindible que as persoas solicitantes estean inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpran os requisitos que establece a normativa reguladora do contrato para a formación e a aprendizaxe. Esta contratación mellorará as súas condicións de empregabilidade, ao se especializaren en materias como produción fotográfica e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais. No obradoiro, dixitalizarán os bens patrimoniais da cidade, elaborarán programacións culturais e dotarán todo ese conxunto dun discurso museográfico, entre outras cuestións.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión