Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2020

O concello impulsa a Axenda Urbana 2030 para construír unha Coruña máis sustentable para a próxima década

O concello busca que a AUAC 2030 se converta nun “plan de plans” en que se establezan os obxectivos da cidade en materia económica, social e ambiental. Inés Rey: “Pretendemos resolver os múltiples retos e desafíos do presente e do futuro da nosa cidade e da súa área metropolitana. Propoñémonos deseñar un modelo de cidade que mire cara o futuro, sostible e moderna”. Neste proceso poténciase a participación cidadá e de todos os grupos políticos e apóstase pola co-gobernanza con outras administracións.

O pleno da Corporación aprobou hoxe a proposta do goberno local para a creación da Axenda Urbana da Coruña 2030, un documento que terá como reto deseñar o modelo da Coruña do futuro, á vez que vai integrando actuacións concretas e orientándoas no camiño da construción dun desenvolvemento urbano xusto, equilibrado e sustentable.

A intención da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, é "poñer en marcha este proceso é que A Coruña se volva situar como referente no desenvolvemento dunha cidade sustentable e retomar o liderado na construción metropolitana".

Un modelo, sinalou o voceiro municipal, José Manuel Lage, que resolva problemas persistentes durante décadas (transporte, mobilidade, xestión de residuos e da auga, bordo litoral) e defina novas metas para garantir progreso e benestar. "A Axenda Urbana é un proceso de reflexión, de definición estratéxica para resolver os retos e os desafíos do presente e de futuro da nosa cidade e da área metropolitana", dixo. Pero ademais, apuntou, e un método de traballo e de cooperación para todas as entidades da cidade; "un plan estratéxico de nova xeración".

Ademais, terá por obxectivo prestar máis e mellores servizos e, ao mesmo tempo, articular a cidade e a área metropolitana de maneira integral e sustentable para que se "converta nun eixe fundamental na vertebración do sistema urbano de Galicia", sinalou o portavoz municipal, José Manuel Lage

Para Lage, trátase de diálogo, de definición de obxectivos, pero principalmente de pór a a cidadanía no centro do noso labor política, a política é imprescindible para cambiar la vida das persoas. Por iso, o goberno local vai a facilitar participación de todos os grupos no deseño e na transformación da cidade "para que sexa unha cidade máis social, máis verde, máis intelixente e máis próxima á cidadanía". E para iso, o Goberno local recolleu todas as achegas de todas as forzas políticas que serven para enriquecer a proposta inicial. "Non se pode construír sen diálogo", sinalou Lage.

O Goberno local confía en que, a través da Axenda urbana 2030, A Coruña reciba importantes achegas procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que o Goberno de España presentou en Bruxelas para que o noso país poida recibir fondos do programa europeo Next Generation EU.

Por outra banda, o Goberno local cre posible que o concello poida optar o  financiamento procedente de fondos europeos (FEDER, FSE, URBACT etc.) no período 2021-2027 para desenvolver proxectos de futuro incluídos na Axenda Urbana da Coruña.

Plan de plans

A Axenda Urbana 2030 concíbese como un "plan de plans", onde se fixarán os obxectivos que se marca a cidade en materia económica, social e ambiental para os próximos anos. Un documento onde se deberán plasmar as políticas e actuacións que terán que desenvolverse para garantir unha cidade máis sustentable. A Coruña está comprometida co desenvolvemento sustentable e a axenda urbana perfílase como unha das principais ferramentas para avanzar neste camiño.

O concello exercerá un papel central na coordinación da actuación política global da cidade: estratexia portuaria, universitaria, mobilidade e transporte urbano e metropolitano, xestión de residuos... E, ademais, reformularase o Observatorio Urbano para pór en marcha un novo sistema de indicadores de desenvolvemento e sustentabilidade urbana.

O Goberno local considera que as políticas urbanas abarcan un amplo escenario, onde outras administracións e entidades xogan un papel importante no deseño e no desenvolvemento da cidade. Por iso, explica, potenciarase a cooperación, a corresponsabilidade e a participación cidadá e apostarase pola co-gobernanza con outras administracións. Ademais, A Coruña comparte os obxectivos establecidos pola Comisión Europea para o próximo marco financeiro plurianual 2021 - 2027. Neste senso, Lage sinalou que o Goberno de Inés Rey "quere que A Coruña sexa máis intelixente (impulsando unha transformación económica innovadora), sexa máis verde e descarbonizada (asumindo o noso rol na transición enerxética, na economía circular e na adaptación e mitigación do cambio climático), sexa máis social (baixo a perspectiva do piar europeo de dereitos sociais) e máis próxima á cidadanía".

Información: https://www.coruna.gal/agendaurbana/es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión