Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

15 de maio de 2020

O concello informa a Mesa pola Mobilidade Sostible do seu compromiso para impulsar novas actuacións

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, informou a todos os grupos de traballo das últimas medidas de urxencia adoptadas para facilitarlle á cidadanía as actividades permitidas no plan de desescalada

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, comunicoulles esta mañá a todos os grupos de traballo da Mesa pola Mobilidade Sostible o compromiso do concello de seguir impulsando o plan previsto pola Mesa. A intención do responsable de Urbanismo é realizar unha nova sesión antes de que remate este semestre. O obxectivo, dixo, é seguir traballando para acadar novas medidas que sirvan para promover unha nova mobilidade que "faga a nosa cidade máis sustentable, segura e accesible". 

O edil lembroulles que o Goberno local ten previsto aprobar nas próximas semanas a declaración da Coruña como Cidade 30 e a regulación provisional dos vehículos de mobilidade persoal (VMP), dúas das medidas abordadas pola Mesa antes de se declarar o estado de alarma.  

Entre as iniciativas pendentes de resolver, Villoslada destacou a nova Ordenanza xeral de mobilidade, o estudo de viabilidade de novas plataformas reservadas para o transporte público, os procesos de peonalización, e as novas previsións do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana cara a unha nova Lei de mobilidade. 

O concelleiro tamén informou das actuacións adoptadas polo concello con motivo da declaración do estado de alarma para restrinxir a mobilidade da poboación, e agora, na actual etapa de desescalada, para dispor de máis espazo público que lle facilite á cidadanía as actividades permitidas polas autoridades sanitarias nos diferentes tramos horarios. A incorporación provisional de carrís para uso peonil e ciclista, a declaración de "Rúas 10" ou a definición de zonas da cidade onde se pode dispoñer de máis espazo para ampliar as terrazas dos locais de hostalaría son algunhas das medidas de carácter urxente e provisional que se puxeron en marcha. 

Aínda que moitas das accións non puideron analizarse na Mesa debido á súa urxencia, Villoslada apuntou que algunhas responden ás propostas recibidas na concellería por parte de diferentes axentes involucrados na mobilidade. Noutras, explicou o edil, xa se están a ter en conta experiencias que se desenvolven en distintas cidades.  

Por último, sinalou que a concellería atenderá calquera suxestión, dúbida ou proposta que os membros da Mesa queiran facer. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión