Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de xuño de 2020

O concello inicia as obras de mellora no cruzamento de Juan Castro Mosquera e Sinforiano López

Desde a Área de Infraestruturas e Mobilidade aseguran que optimizarán esta confluencia na que o tránsito peonil resulta perigoso por mor da dobre fila e dos estacionamentos indebidos

A Área de Infraestruturas e Mobilidade arrinca as obras de mellora na accesibilidade e visibilidade do cruzamento das rúas Juan Castro Mosquera e Sinforiano López, co fin de optimizar esta confluencia na que o tránsito peonil resulta perigoso por mor da dobre fila e dos estacionamentos indebidos.

Desde Infraestruturas aseguran que nesta intervención se executarán novas beirarrúas, que reducirán o espazo da calzada ao mínimo imprescindible e que se instalarán árbores e mobiliario urbano.

A alcaldesa, Inés Rey, sinala que "o Goberno local escoita a veciñanza e proba disto son os investimentos en infraestruturas e a mellora da mobilidade en moitos barrios da cidade, que veñen motivados por peticións veciñais".

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade xa realizou intervencións deste tipo en diferentes barrios da cidade, como a mellora na accesibilidade e o aumento do espazo peonil no cruzamento da avenida da Gramela coa rúa Andrés Gaos, ou a recente intervención na estrada de Eirís.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión