Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de agosto de 2021

O Concello instala unha vintena de unidades máis de aparcabicicletas polo Paseo Marítimo

Con esta ampliación, o Goberno de Inés Rey busca fomentar o uso deste vehículo entre a veciñanza e apostar por unha cidade sostible cunha mobilidade saudable en que as coruñesas e coruñeses sexan as/os verdadeiros protagonistas

O Concello instalou 19 unidades de aparcabicicletas máis polo Paseo Marítimo e arredores, que reforzarán ás existentes na súa aposta firme pola mobilidade saudable e por fomentar o uso da bicicleta entre a veciñanza. O Goberno de Inés Rey reivindica unha cidade sostible na que as/os coruñesas/es sexan os/as verdadeiros/as protagonistas. Do conxunto total, 14 destas infraestruturas son encaixadas e cinco colocáronse con parafusos nos accesos de Riazor e o Orzán, xusto na explanada das Escravas e a glorieta máis próxima á Fonte dos Surfistas. En concreto, hai cabida para catro prazas na contorna do colexio, catro nas inmediacións do Playa Club e unha unidade máis no número 9 da avenida de Bos Aires. En Barrié de la Maza, as persoas usuarias dispoñen de sete prazas máis, e na praza de María Auxiliadora instaláronse outras tres máis. Esta ampliación de aparcabicicletas suporá un incentivo de cara a que cidadanía opte por este vehículo para se desprazar pola cidade.

Ademais, o Concello optimizará o servizo de BiciCoruña con 514 bicicletas máis (das que 172 serán eléctricas), repartidas entre 55 estacións, das que 32 serán novas. Deste xeito, daráselle cobertura a zonas nas que antes non había plataformas de recollida e deixada de unidades, así como ancoradoiros e sistemas tecnolóxicos de sóftware de xestión do servizo de bicicletas municipal.

Ao longo deste mandato, aumentáronse 15,9 quilómetros de carril bici, que suman un total de 33,8 km de carril bici e 14,1 km de ciclocarrís. Esta cifra é similar, por exemplo, á extensión que lle dedica a este tipo de vehículos unha cidade coma Barcelona, tendo en conta os parámetros de distancia e poboación (km/10000habitantes). Neste aspecto, os carrís bicis habilitados, derivados do plan Coruña 30, permiten que a circulación en bicicleta sexa moito máis segura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión