Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

18 de xullo de 2020

O Concello inviste máis de 600.000 euros na remodelación de parques infantís

Ambos os proxectos son o resultado dunha proposta gañadora dos orzamentos participativos do 2018 para o distrito 8 e do 5 respectivamente. Os parques infantís da praza da Concordia, As Conchiñas e da urbanización Breogán están a piques de ser rematados e nas próximas semanas comezará a renovación da área infantil do complexo deportivo de Elviña no Birloque.

O Concello vén de rematar as obras de remodelación do parques infantis da praza Fábrica de Tabacos e de Valaire Munich. Ambos os proxectos, cunha inversión cada un de 48.300 euros, son o resultado dunha proposta gañadora dos orzamentos participativos do 2018 para o distrito 8 e do 5 respectivamente.

A veciñanza solicitaba  a creación dunha nova zona de xogos na praza Fábrica de Tabacos, co fin de obter unha contorna favorable para a aprendizaxe dos nenos e nenas, baseándose na experimentación por descubrimento e na relación con outros/as menores. Esta praza é unha das principais áreas de esparexemento da zona para persoas de todas as idades, en que se poden atopar cafeterías e espazos e mobiliario para o descanso. Os veciños e veciñas da zona sinalaban que o anterior parque infantil era moi pequeno para o número de crianzas que conviven actualmente no barrio.

Canto á remodelación do espazo infantil de Valaire,  a solicitude da veciñanza era unha mellora do parque para crear un punto de encontro e de socialización de todos os nenos e nenas do barrio. Ata o de agora, a urbanización de Valaire tiña carencia dun espazo seguro para os e as menores, ben acondicionado e con xogos grandes. Daquela só contaban con pequenas prazas con xogos moi vellos e deteriorados, que respondían a un rango de idade moi limitado.

Canto ao investimento de máis de 600.000 euros nas obras de mellora dos parques infantís en diferentes barrios da cidade, a alcaldesa, Inés Rey, asegura que "para o Goberno local a remodelación das zonas infantís é unha prioridade".

A renovación do parque infantil da praza da Concordia, cunha inversión de máis de 200.000 euros, comezou a primeiros de xullo. Pola súa banda, o parque da urbanización Breogán, cun orzamento de 48.376 euros, está a piques de ser rematado. Nas Conchiñas tamén contarán cuna zona infantil totalmente reformada nas próximas semanas, cunha inversión de 217.000 euros.

Nas vindeiras semanas comezarán as obras de renovación da área infantil do complexo deportivo de Elviña, no Birloque, cun orzamento de case 40.000 euros.

No mes de mario a Área de Infraestruturas renovou o pavimento de caucho das áreas infantís de San Diego e Mariñeiros, cunha inversión de 47.365 euros. A finais de abril tamén se creou unha nova área de elementos de exercicio biosaudable nas vivendas do Carme, xunto ao Centro Cívico de Labañou, cun orzamento de 17.500 euros.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión