Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

6 de xullo de 2020

O Concello lanza unha nova edición de Nocturnia adaptada ás medidas de seguridade sanitarias

As inscricións para estas actividades de ocio saudable que ofrece o Servizo de Mocidade da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación ábrense hoxe ás 16.00 h a través da web municipal do CMIX

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, a través do Servizo de Mocidade, lanza hoxe unha nova edición do programa de ocio saudable Nocturnia. A programación deste ano está adaptada ás medidas de seguridade sanitarias recomendadas para eviar a propagación da COVID-19.

Nocturnia, que recibe financiación do Ministerio de Sanidade e Benestar Social, ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza de 12 a 30 anos as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana. A concelleira Yoya Neira asegura que o Goberno local está "reforzando a coordinación de todos os servizos e programas municipais relacionados coa mocidade".

O Servizo Municipal de Mocidade abrirá hoxe ás 16.00 h as inscricións para a primeira semana de actividades na web municipal do CMIX https://bit.ly/3e2lTJc até o xoves día 9 de xullo ás 12.00 h. No caso de esgotárense as prazas dispoñibles antes desa data, procederanse a pechar as inscricións.

A programación desta edición de Nocturnia conta con actividades como surf, pádel surf, patinaxe, piragüismo, escalada, roteiros organizados a diferentes paraxes da provincia da Coruña como o Camiño de Camelle, a costa das Illas Sisargas ou o Monte Louro, e obradoiros de fotografía, estampación natural, cómic ou collaxe, entre oturas.

Os mozos e mozas que participen nestas actividades estarán obrigados a utilizar máscara e deberán aceptar as condicións de participación no programa, que se porán en coñecemento de cada participante. Ademais, é importante que as e os participantes lembren levar o seu DNI ás distintas actividades.

Toda a información sobre este programa pódese consultar na páxina web do CMIX https://bit.ly/3e2lTJc e na páxina web de Participación.

Documentos:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES NOCTURNIA 2020 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión