Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

25 de xaneiro de 2021

O Concello levará a pleno a aprobación da sinatura do convenio para ampliar o CHUAC

A alcaldesa, Inés Rey: “Acordei co presidente da Xunta que desbloqueariamos este acordo no mes de xaneiro e, polo tanto, nós cumprimos con ese compromiso”

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o Concello da Coruña levará a pleno extraordinario este mércores a aprobación da firma do convenio coa Xunta de Galicia para ampliar o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). "Acordei co presidente da Xunta que desbloqueariamos este acordo no mes de xaneiro e, polo tanto, nós cumprimos con ese compromiso", apuntou a alcaldesa.

A rexedora sinalou que se trata dunha "actuación prioritaria para mellorar os servizos asistenciais da cidade e da súa área metropolitana" e asegurou que "o CHUAC é un hospital clave e referente no noroeste peninsular e en toda España". Deste xeito, "O Concello da Coruña pon en valor o seu compromiso coa sanidade pública", sentenciou a rexedora.

A alcaldesa cualificou a actuación como "necesaria" para que a administración autonómica dote ao complexo hospitalario "non só de medios materiais, senón de medios humanos", e sinalou que "estamos vendo a necesidade desta ampliación nestes momentos de pandemia, tamén da asistencia sanitaria de moitas outras patoloxías que están quedando silenciadas polo virus, pero que tamén causan moitas mortes".

Rey explicou que a ampliación suporá "a creación dun hospital anexo ao actual e a mellora dos accesos e das redes básicas para a nova infraestrutura". Canto ao proxecto, a alcaldesa destacou que tanto a Xunta como o Concello se comprometeron a que na medida do posible a afección urbanística sexa a mínima".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión