Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de outubro de 2020

O concello levará á XGL a aprobación do convenio da Estación Intermodal

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, mantivo esta mañá unha reunión a tres bandas coa Xunta de Galicia e ADIF para abordar os últimos flocos deste acordo, que “está ratificado” e para o que “temos todo o interese en que se axilice o máximo posible a súa formalización”. Villoslada: "A Estación Intermodal é unha infraestrutura prioritaria no modelo de cidade que ten o Goberno municipal liderado pola nosa alcaldesa, Inés Rey”.

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, asegurou que o Concello da Coruña xa dispón do informe favorable para formalizar o convenio da Estación Intermodal, e que xa estaría en disposición de levalo á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación.

Juan Díaz Villoslada mantivo esta mañá unha reunión a tres bandas coa Xunta de Galicia e ADIF para abordar o convenio de construción da Estación Intermodal, que concentrará o servizo de autobús interurbano e o ferroviario. O edil asegurou "a Estación Intermodal é unha infraestrutura prioritaria no modelo de cidade que ten o Goberno municipal liderado pola nosa alcaldesa, Inés Rey".

Villoslada sinalou que o convenio para facer real esta construción, que supón un investimento de 80 millóns de euros entre as tres partes, "está ratificado" e que "agora toca agardar a que cada administración dea os seus pasos" e, apuntou, "desde o Concello da Coruña temos todo o interese en que se axilice o máximo posible a formalización deste convenio". O concelleiro tamén explicou que porán en marcha "a aprobación do proxecto dos accesos da avenida do Ferrocarril que non están condicionados por modificacións do planeamento urbanístico" e así, dixo, "podemos ir anticipando os nosos proxectos para acadar canto antes esta formalización".

Pola súa banda, ADIF, conforme aos compromisos que supón este convenio, "achegaralle ao concello para coordinación técnica a previsión de licitación que fará para a pasarela que une A Sardiñeira e a avenida do Ferrocarril sobre a praia de vías", concluíu o edil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión