Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de agosto de 2023

O Concello mellora a accesibilidade e crea novas zonas verdes na contorna da parada de autobús da rúa Newton

A actuación, financiada con fondos EIDUS, comezou a executarse esta semana e busca fomentar o transporte colectivo no polígono de Agrela

O Concello da Coruña está a levar a cabo traballos de mellora na contorna da parada de autobús número 481, situada na rúa Newton, no polígono de Agrela. A actuación, que está financiada con fondos EIDUS, conta cun orzamento de 43.000 euros e está previsto que se execute nun prazo de oito semanas.

O Goberno de Inés Rey busca acadar deste xeito unha mellora social e medioambiental na dita vía. "O polígono industrial de Agrela é un activo moi importante para a nosa cidade e a nosa alcaldesa ten como prioridade a súa constante mellora e adaptación ao presente e futuro", sinala Nereida Canosa, concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas. 

O obxectivo da actuación é, polo tanto, a dotación de infraestruturas e equipamentos para a posta en valor deste espazo público, mellorando a accesibilidade da parada e creando na súa contorna novas zonas verdes. Estas accións favorecerán o uso do transporte colectivo no parque empresarial, o que permitiría acadar unha mellora da calidade do aire e unha redución da contaminación acústica, ademais de crear espazos para a cidadanía grazas á instalación de novo mobiliario.

As novas zonas verdes ocuparán un espazo de 88 metros cadrados, mentres que a zona dedicada á nova parada de autobús e o novo mobiliario comprenderá 41 metros cadrados de superficie.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión