Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de abril de 2021

O Concello mellora a visibilidade do Parque de Adolfo Suárez con cinco novos puntos de luz

Con esta actuación, dálle resposta a unha petición da asociación de veciños de San Pedro de Visma, en que reclamaban máis iluminación debido á maior afluencia de persoas usuarias na zona

O Concello ampliou estes días a rede de iluminación pública no Parque de Adolfo Suárez co fin de mellorar o sistema na senda peonil que conecta a Estrada dos Fortes coa rúa Pedreiras, tal e como pediu a asociación de veciños de San Pedro de Visma. Dado o aumento de persoas usuarias e viandantes na zona, a Área de Infraestruturas instalou cinco novos puntos de luz ao longo do parque. Deste xeito, mellorouse a súa visibilidade en horario nocturno e o consumo enerxético, que é máis eficiente. As obras teñen un orzamento de 29.983 euros e un prazo de execución de dous meses.

A actuación combinou a instalación da nova infraestrutura de iluminación co aproveitamento da xa existente como resultado dunha análise previa, no marco do compromiso do Concello coa mellora continua dos servizos públicos baixo criterios de eficiencia, sustentabilidade e responsabilidade. Así mesmo, as áreas biosaudables e de xogos infantís próximas ao aparcamento de Caldemoreiras se dotaron de iluminación específica. O obxectivo do goberno de Inés Rey é renovar a rede pública da cidade nos próximos tres anos cunha axuda europea de 12,6 millóns de euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión