Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de novembro de 2022

O Concello mellorará a accesibilidade na contorna do colexio San Francisco Javier

A actuación ampliará a beirarrúa e mellorará a seguridade das e dos peóns

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, comezará na primeira semana do mes de novembro uns traballos de mellora da accesibilidade e de seguridade viaria na contorna do CEIP San Francisco Javier. As obras desenvolveranse na rúa Roberto Tojeiro Díaz, onde se crearán zonas de tráfico peonil máis amplas e se instalarán barreiras de protección fronte ao tráfico rodado.

A actuación sigue a liña doutros traballos executados polo Goberno de Inés Rey crear entornos escolares seguros. Na contorna, ademais do colexio, tamén se atopa o polideportivo municipal do San Francisco Javier e a praza da Cubela, espazos usados a diario por moitos mozos e mozas. A obra consistirá na ampliación da beirarrúa no acceso ao colexio, onde se instalará unha varanda para conter a saída de escolares directamente á calzada e mellorar deste xeito a súa seguridade. Crearanse, ademais, dous pasos de peóns elevados, na confluencia entre a rúa Roberto Tojeiro Díaz e a rúa San Diego. 

Por outra banda, as prazas de aparcadoiro situadas á esquerda no primeiro tramo desta rúa quedarán en batería. A actuación non lle afectará ao número de estacionamentos desta vía grazas a esta nova configuración.

"Con esta actuación, o Goberno de Inés Rey mellorará e reconverterá a zona nun entorno máis seguro e accesible, tanto para as persoas usuarias deste colexio como para o resto de viandantes", apuntou Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade. O prazo de execución destes traballos é de oito semanas e o orzamento ascende a máis de 48.000 euros.

O Concello continúa a mellorar a accesibilidade e a seguridade na contorna de diferentes centros educativos da cidade. Foi o caso dos traballos xa finalizados nos accesos ao IES Rafael Dieste, de titularidade autonómica. O Goberno de Inés Rey levou a cabo unha actuación que permitiu ampliar a beirarrúa, co beneficio que supón para ás persoas usuarias do centro e ás e aos viandantes. En paralelo, actualizouse a frecuencia dos semáforos para mellorar o tráfico rodado e o tránsito peonil na contorna da glorieta do Pavo Real.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión