Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xaneiro de 2020

O Concello nomeará Fillo Adoptivo da Coruña a Arsenio Iglesias Pardo

A comisión de Honras e Distincións acordou tamén dedicarlle unha rúa ao deportivista e que a Cidade Deportiva da Torre leve o seu nome

A comisión de Honras e Distincións municipal acordou esta mañá outorgarlle o título de Fillo Adoptivo da cidade a Arsenio Iglesias Pardo, exxogador e exadestrador do Deportivo polos seus méritos personais, deportivos e polo labor desenvolta promovendo a cidade, asi como polo seu recoñecemento social. Ademais, a comisión acordou tamén dedicarlle unha rúa ao deportivista e que a Cidade Deportiva da Torre pase a levar o nome de Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias. A iniciativa, que contou co respaldo de todos os grupos municipais, deberá agora ser aprobada polo Pleno.

O informe da comisión recolle que a figura de Arsenio Iglesias Pardo non require presentación na cidade. O seu nome está ligado aos momentos máis sobresalientes dese patrimonio colectivo que é o Real Club Deportivo de La Coruña, alén de constituír, por si mesmo, un dos máis relevantes deportistas e profesionais ligados ao deporte de elite que ten levado o nome da nosa cidade, da cidade veciña de Arteixo, da que é natural, e de Galicia enteira por todos os lugares do mundo en que os seus éxitos deportivos tiveron repercusión. A súa traxectoria deportiva, primeiro como futbolista e máis tarde como adestrador, entre outros, do Deportivo, do Real Madrid e da Selección galega de fútbol, está ligada ás máis senlleiras páxinas da historia deportiva da cidade, en vitorias obxectivas (como a da Copa da S. M. O Rei de 1995) e tamén e moi especialmente con emocións colectivas da cidade, na consecución de ascensos e pelexadas permanencias de categoría ou na traxectoria europea do Deportivo. Todos os éxitos deportivos de Arsenio minguan, en calquera caso, ao carón da súa faceta humana, do sentido que soubo e segue a saber dar a unha forma de entender o deporte e a vida tan peculiar, tan apreciada e tan nosa. O nome da Coruña chegou ao mundo enteiro tamén grazas ao traballo de Arsenio Iglesias, como cabeza dese embaixador oficioso coruñés que foi o Deportivo nese tempo.

Doutra banda, a comisión de Honras decidirá nos próximos meses sobre as diferentes propostas que hai solicitadas de nomeamentos, outorgamento de nomes de rúas, prazas ou espazos públicos, facendo un seguimento, ademais, da finalización das resolucións que poidan estar pendentes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión