Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de novembro de 2020

O concello non lles cobrará a taxa de terrazas ás e aos hostaleiros durante todo o 2021

O Goberno propón unha rebaixa no imposto por herdanzas e unha bonificación do 50% na taxa por obras de rehabilitación en zona PEPRI. Levará á Pleno unha suba do 50% na taxa que aboan os caixeiros e dobrará a de licenza de apertura das salas de xogos. As rebaixas nas taxas e tributos suporán para o concello deixar de ingresar 680.911 euros ao ano, mentres as subidas supoñen 31.912 euros máis. Así, a baixada de impostos suporá unha perda estimada de 648.999 euros na caixa municipal.

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe a proposta de modificación das taxas e tributos locais que o Goberno municipal levará a Pleno esta semana. Os cambios afectan a un total de 9 ordenanzas e teñen como obxectivo, indicou a alcaldesa, "realizar un repartimento máis xusto das cargas fiscais e baixarlle os impostos a quen ten menos recursos". Rey anunciou que esta proposta recolle a exención da taxa de terrazas durante todo o ano 2021 para as hostaleiras e os hostaleiros da cidade.

Tamén inclúen unha rebaixa importante do imposto de construción instalación e obras (ICIO) para actuacións de rehabilitación, total ou parcial, que supoñan unha posta en valor da zona PEPRI. Así, quen leve a cabo tarefas de rehabilitación en vivendas ou edificios residenciais catalogados nese ámbito pagará a metade da taxa. "Trátase de buscar un incentivo máis para fomentar a recuperación da zona histórica da cidade", indicou Inés Rey.

A alcaldesa avanzou tamén unha rebaixa substancial do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IVTNU), as coñecidas como "plusvalías". Esa rebaixa aplicarase nos casos de herdanza e incluirase un novo tramo de bonificacións que até o de agora non existía e que implicará unha redución de máis da metade do que aboaban até o momento as persoas afectadas por ese imposto.

Coa modificación proposta, A Coruña sería, xunto con Pontevedra, a cidade galega co imposto máis reducido e a única que aplica criterios de renda para ofrecer bonificacións.

Ademais, a ordenanza inclúe tamén na súa redacción a exención total da taxa para casos de execucións hipotecarias e dacións en pago. "Aínda que estes cambios supoñen unha redución substancial dos ingresos municipais, entendemos que nun momento como este é fundamental axudarlles aos que peor o están a pasar", dixo Rey, quen recordou tamén que as familias numerosas terán unha bonificación do 50% no recibo do lixo.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxima Interior, e voceiro do Goberno, José Manuel Lage Tuñas, especificou, por outra banda, que todos os cambios propostos suporán unha rebaixa da recadación para o concello de case 650.000 euros.

Lage Tuñas avanzou que o Goberno levará a Pleno a suba das taxas que aboan os titulares dos caixeiros de entidades bancarias accesibles desde a rúa e tamén as licenzas de apertura para salas do xogo na cidade. No primeiro caso, o incremento chega ao 50% (cada caixeiro pagaralle ao concello 630 euros ano, fronte aos 420 do anterior mandato) e ao 100% no caso das salas de xogo, bingos e casinos, que pasarían de 744 euros a 1.488 euros. "O incremento sobre as salas de xogo busca frear a proliferación dese tipo de negocios na cidade", indicou Lage Tuñas, quen recordou os crecentes problemas de ludomanías asociados ao xogo.

As rebaixas nas taxas e tributos implicarán para o concello deixar de ingresar 680.911 euros ao ano, mentres as subidas supoñen 31.912 euros máis. Así, a baixada de impostos suporá unha diminución estimada de 648.999 euros na caixa municipal.

Tamén se levarán a Pleno outros cambios, como unha actualización das tarifas do servizo de extinción de incendios, que non ten incidencia na cidadanía, xa que as aboan as compañías aseguradoras, e regularízase a situación alegal en que se atopaban as praceiras de Durmideiras, se equiparamos as súas tarifas coas do Mercado de Monte Alto.

OS CAMBIOS NAS ORDENANZA

Nº53 Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana. Herdanzas

Novos tramos de renda para ofertar máis bonificacións. Pásase de tres tramos con bonificacións do 95, 30 e 20% a catro con 95, 70, 30 e 20%.

Nº55 ICIO

Bonificación do 50% das taxas por rehabilitación de vivendas en edificios catalogados en zona Pepri.

Nº6 Recollida de lixo

Bonificación do 50% nas tarifas para familias numerosas.

Nº28 Terrazas

Disposición transitoria pola que se exime do cobro da taxa a todos as/os hostaleiros durante el año 2021.

Nº4 Aumento da licenzas de apertura para salas de xogo

Incremento do 100% para aperturas de salas de xogo,  bingos e casinos. De 744 euros a 1.488 euros.

Nº32 Caixeiros

Aumento da taxa anual que aboan os titulares dos caixeiros con aceso desde a rúa. Pasa de 420 a 630 euros ao ano.

Nº8 Contribucións especiais. Extinción de incendios

As taxas por servizos de bombeiros, que aboan as aseguradoras, actualízanse para ver de cubrir parte dos custes do servizo, sen repercutir eses custes aos cidadáns.

Ordenanzas nº30 Mercados Municipais

Regularízase a situación irregular do mercado de Durmideiras equiparando as súas tarifas coas de Monte Alto e dando amparo legal ás placeiras. Fíxanse tarifas co mesmo fin para usos puntuais das plantas altas de Santo Agostiño e praza de Lugo.

Nº16. Museos

Simplifícanse as tarifas e ordenarase a redacción.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión