15 de junio de 2022
A banda Miss Caffeína actuará a noite do 23 de xuño na explanada de Riazor, despois da queima da falla
O Concello da Coruña organiza sete xornadas de actividades para todos os públicos con motivo da celebración da noite de San Xoán. Os eventos programados comezarán este venres 17 de xuño e rematarán o xoves 23, e repartiranse por diferentes lugares da cidade.
Con esta programación o Goberno municipal de Inés Rey busca animar a cidade nos días previos á Noite Meiga con actividades relacionadas con esta festa. O prato forte da programación será o concerto da banda Miss Caffeína na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor. A formación está este verán presentando o seu último disco, 'El año del tigre', por todo o territorio nacional. Subirán ao escenario ás 00.30 horas, tras a queima da falla e a sesión de fogos de artificio.
O resto de días haberá diferentes eventos para as e os máis cativos, como obradoiros de decoración de sardiñas ou funcións teatrais variadas. Realizaranse desde o venres 17 nos xardíns de Méndez Núñez, o parque de Oza, Novo Mesoiro, o parque de Santa Margarida, a praza das Bárbaras, a praza das Conchiñas, a praza de Vigo, a praza Elíptica, a praza dos Mariñeiros e a praza da Tolerancia. En caso de chuvia, haberá lugares alternativos a cuberto.
Por outra banda, a fin de semana do sábado 18 e do domingo 19 de xuño realizarase no parque de Santa Margarida a Romaría do lecer, que contará coa actuación da asociación cultural Xacarandaina. O sábado ás 19.00 haberá unha foliada infantil e, a partir das 21.00 horas, unha foliada para persoas adultas. O domingo pecharase a romaría a partir das 11.00 horas.
O mércores 22 está prevista a realización dun espectáculo de rúa da agrupación Donaire, que irá desde o Obelisco a María Pita a partir das 19.00 horas. Ese mesmo día, a Banda de Música Municipal actuará en San Andrés co programa 'Tarde de Música Latinoamericana', a partir das 20.00 horas. A Banda estará dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.
O xoves 23 de xuño, nas horas previas á noite de San Xoán, tamén haberá varias actividades. Durante a mañá, desde as 11.30 horas, no Campo da Leña haberá obradoiros de herbas de San Xoán, xogos populares e unha actuación teatral.
A queima da falla será, como é habitual, ás 23.50 horas. Na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor haberá dúas actuacións musicais. Ademais de Miss Caffeína (ás 00.30), ás 22.30 horas estarán Los Mecánicos. Estes concertos pecharán a programación cultural deste San Xoán.
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible