Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de febreiro de 2021

O Concello peonalizará un tramo da praza do Parque con máis zonas verdes e unha mellor accesibilidade

Con esta actuación, Urbanismo conectará Monte Alto co corredor verde de Orillamar a través da praza Indalecio Prieto

O Concello comezou este luns as obras na praza do Parque co fin de reurbanizar no prazo máximo de dous meses un dos laterais para peonalizalo e recuperar a vida no barrio. Trátase dunha actuación, valorada en preto de 60.000 euros, que se enmarca dentro dun proxecto global en que o Goberno de Inés Rey pretende crear espazos públicos en todos os distritos. A intención é mellorar a calidade do paseo neles con máis metros cadrados para o tránsito a pé e zonas verdes que favorezan a convivencia e o desfrute. Deste xeito, deixarase unicamente para uso peonil un tramo da praza, agás para a veciñanza con praza de garaxe e que teña que acceder a ela por este lateral.

Ademais, realizaranse melloras na parada de bus e retirarase o quiosco abandonado para garantir a accesibilidade de todas as persoas. Con esta finalidade elevarase tamén o paso de cebra da rúa Parque. Así mesmo, a zona mellorará substancialmente coa plantación de árbores nun espazo que se ampliará para as peoas e peóns e que conectará Monte Alto co corredor verde de Orillamar a través da praza Indalecio Prieto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión