Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xullo de 2021

O Concello peonalizou en dous anos máis de 30.000 metros cadrados

A alcaldesa, Inés Rey, visitou a rúa Monte das Moas recentemente reformada na aposta do Concello por unha Coruña máis amable e sostible

A alcaldesa, Inés Rey, visitou este mediodía a rúa Monte das Moas tras a súa peonalización. Acompañada pola concelleira de Barrios, Diana Cabanas, e o presidente da asociación de veciños de Oza-Gaiteira-Os Castros, Paulo Sexto, a rexedora asegurou que a reforma responde á idea do Concello de converter A Coruña nunha cidade máis amable e de dotar aos barrios de equipamentos básicos que redunden nunha mellor calidade de vida. "Que toda a veciñanza dispoña dunha contorna en que poida pasear e convivir a través de espazos públicos máis amplos e zonas verdes". A alcaldesa lembrou que "nestes dous anos de goberno creamos 30.900 metros cadrados de novos espazos peonís, espazo que gañamos para a cidadanía co obxectivo de facer unha cidade máis amable e humana e por suposto máis sostible". Todas estas medidas, engadiu, permiten conseguir unha maior seguridade viaria, mellorar a accesibilidade e a mobilidade, favorecer a reactivación económica, mellorar a saúde pública e unha maior calidade ambiental e de vida.

A rexedora recordou que con esta obra se lle dá resposta á petición formulada pola asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros e pola AMPA do CEIP Anxo da Garda, que xuntaron sinaturas para pedir a peonalización e que as/os cativos fosen máis seguras/os ao colexio.

Rey explicou que esta mellora substancial da zona evidencia que este Concello traballa por mellorar todos os barrios sen excepción: "Nos Castros e no Castrillón investimos máis dun millón de euros en obras como a renovación da praza da Concordia e a reforma da parada de bus para facela accesible e estamos instalando o ascensor, unha obra pendente desde hai moitos anos". Neste aspecto, Rey sinalou que no barrio se traballou tamén para mellorar a iluminación e a rede de pluviais, "humanizamos Rafael Bárez e está previsto acondicionar Fariña Ferreño e urbanizar a praza entre José María Hernansáez e a avenida da Concordia".

Esta intervención completa, para a alcaldesa, o mapa de rúas peonís da Coruña. Desde a Agra a San Diego, este Goberno trazará toda unha senda que favorecerá ese cambio a mobilidade branda que se comezou con Coruña Camiña e determinacións como reducir a velocidade a 30 km/hora na maioría das vías da cidade.

Pola súa parte, Paulo Sexto asegurou que o Goberno local atendeu coa peonalización unha reivindicación histórica de máis de 20 anos para a que se recolleron máis de 500 sinaturas. O representante veciñal afirmou que "vemos un avance na mobilidade e na humanización da cidade" e insistiu en que o Concello responde á premisa de que "as rúas son para a xente e non para os coches".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión