13 de setembro de 2024
Nereida Canosa e Francisco Díaz Gallego reuníronse esta mañá cos veciños, que lle trasladaron o seu visto bo á reformulación do proxecto de acordo coas novas peticións veciñais
O proxecto reformado recolle a solicitude veciñal de cota cero en toda a superficie, sen pérgola e sen marquesiña. Tamén novas prazas de estacionamento para carga e descarga e PMR
O Concello presentou esta mañá aos veciños e veciñas das Casas de Franco a adaptación do proxecto de reforma da contorna, cumplindo o compromiso adquirido pola alcaldesa, Inés Rey, de atender ás demandas veciñais sobre a actuación. A vicevoceira do Goberno, Nereida Canosa, e o concelleiro de Urbanismo e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego, expuxeron a nova formulación do proxecto aos veciños, que lle trasladaron o seu visto bo de acordo coa atención das novas peticións.
O proxecto reformado recolle a solicitude veciñal de cota cero en toda a superficie e non incluirá nin a pérgola nin a marquesiña inicialmente proxectadas na reforma. Ademais, incluirase contenedores de residuos en cada un dos portais. A nova formulación do proxecto recolle a creación de novas prazas de estacionamento de tipo carga e descarga así como de PMR, xunto con reserva de espazo para a farmacia.
Os veciños e veciñas comprometéronse a expoñer a adaptación ao resto de residentes da contorna, trasladando a súa confirmación definitiva a comezos da próxima semana. Canosa e Díaz comunicaronlle a intención do Concello de retomar as obras este mesmo mes, coa parte corresponte á canalización eléctrica.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible