Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de mayo de 2022

O Concello promove actos culturais e literarios ata o vindeiro 31 de maio, totalmente gratuítos, co gallo do Día das Letras Galegas

Á lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este ano, súmase tamén o concerto de Luar na Lubre previsto o vindeiro día 21 no Ágora

O Concello da Coruña dará continuidade, ata finais de maio, aos actos culturais asociados ao Día das Letras Galegas. Esta programación específica, que implica á área municipal de Cultura e tamén ao servizo municipal de Normalización Lingüística, rematará o vindeiro día 31 tras pasar polas bibliotecas municipais da cidade e o Teatro Colón.

Os actos polo Día das Letras Galegas 2022 comezaron o pasado martes, co encontro coa escritora larachesa María Rei Vilas na biblioteca municipal dos Rosales, no contexto do Festival Primaletras. Xa o mércores, a biblioteca de Estudos Locais acolleu o coloquio do historiador Ramón Villares sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este ano no Día das Letras.

Será a vindeira semana, coincidindo coa celebración desta data tan especial, cando se concentrarán o groso de actividades, partindo desde a lectura pública de extractos da obra de Florencio Delgado Gurriarán na que, este martes 17 (12.00 horas), e coa praza de María Pita como punto de encontro, intervirá a alcaldesa, Inés Rey, acompañada por membros da corporación municipal. O acto estará amenizado pola actuación da agrupación Os do fondo da barra, pertencente á Asociación Cultural Xacarandaina.

Ese mesmo día, o martes 17 de maio, haberá outras actuacións pola cidade. Ás 12.00 horas, na rúa Barcelona, actuará a asociación cultural Pandereteiras sen Fronteiras. Tamén ás 12.00, a asociación cultural Maghua actuará na praza de Jaspe Deza, en San Vicente de Elviña. Ás 12.30 horas, a agrupación folcrórica Aturuxo levará a cabo un pasarrúas desde os xardíns de Méndez Núñez á praza de Vigo. Pola tarde, ás 18.00 horas, haberá actuacións de Os Gaiteiriños (A Gaiteira) e Eidos (de María Pita á praza de Lugo). Ás 18.30 horas será a quenda de Son d'aquí, que irán do Campo de Marte ao Campo da Leña. Ás 20.00 horas, pecharán a xornada Cántigas da Terra na praza de María Pita e Donaire entre a praza de Lugo e María Pita.

Xa o xoves 19, o Teatro Colón abrirá as súas portas a un concerto especial da Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) con motivo do Día das Letras. Juan Lois Diéguez será o director convidado que leve a batuta na presentación de 'Paseo con aires ártabros'.

O concerto de Luar na Lubre, previsto o sábado 21 no Ágora

A axenda prevista polo Concello, con actos totalmente gratuítos, continúa o sábado 21. O servizo municipal de Normalización Lingüística levará a cabo unha nova quenda dos percorridos 'Paseos pola Coruña literaria'. Será ás 12.00 horas, con Susana S. Aríns á fronte de 'Paseo imaxinario pola vida e obra de Luz Garza'. A actividade, recomendada para maiores de 16 anos, abrirá o prazo de inscrición este luns 17, con 55 prazas dispoñibles. Os interesados en inscribirse deberán remitir os seus datos persoais ao correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal.

Tamén o día 21, ás 21.00 horas, terá lugar o peche da primeira edición do Festival Primaletras. O grupo de folk coruñés Luar na Lubre, gañador de dous discos de ouro na súa traxectoria, despedirá o certame cultural-literario interpretando os seus temas máis coñecidos. A asistencia será de balde, mais será precisa a recollida previa de convite nas bibliotecas municipais. A información completa pode consultarse aquí.

Xa o martes 24, tamén no centro sociocultural Ágora, os máis pequenos poderán gozar co espectáculo teatral infantil 'Brincadeiras da lingua', interpretado pola compañía Migallas Teatro. Será en dúas quendas, ás 17.00 e 18.30 horas. As dúas funcións tamén serán de balde e con inscrición previa. A información completa pode consultarse aquí.

No tramo final de maio, o sábado 28, o servizo municipal de Normalización Lingüística impulsa a última quenda do mes do percorrido 'Paseos pola Coruña literaria', con Marilar Aleixandre. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 23.

O peche á programación de actos promovidos polo Concello no contexto do Día das Letras Galegas 2022 terá lugar o día 31 de maio, cunha nova xornada de espectáculo teatral para nenas e nenos no que María Faltri e Jorge Juncal, dentro do programa Apego, achegaranse á rapazada con 'Soñando inventei'. Será en dúas quendas de balde e con inscrición previa, ás 17.00 e 18.30 horas. A información completa pode consultarse aquí.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión